Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx. 45126

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1052/2017).

Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1052/2017 por instancia de María Pilar Cortejoso Mendizábal, contra a empresa Francisco José Riveiro Lado e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 10.9.2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase a demanda formulada por María Pilar Cortejoso Mendizábal fronte á empresa Francisco José Riveiro Lado, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Francisco José Riveiro Lado á traballadora.

– Condénase Francisco José Riveiro Lado a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 2.558,33 euros, determinando o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 22,15 euros diarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Francisco José Riveiro Lado expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza