Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx. 45128

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (DOI 641/2017).

DOI despedimento obxectivo individual 641/2017

Demandante: Natalia Vilasuso López

Avogado: Juan José Otero Lourido

Demandados: Mónica Cebro Rodríguez, Ramón Cebro Rodríguez, José Luis Cebro Rodríguez, herdanza xacente de Manuel Cebro Sousa, Fondo de Garantía Salarial, María Ríos Varela, Juan Cebro Rodríguez, Alejandro Cebro Rodríguez

Avogado/a: letrado/a do Fogasa

Graduado social: Francisco Javier Castro Freire

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 641/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Natalia Vilasuso López contra Mónica Cebro Rodríguez, Ramón Cebro Rodríguez, José Luis Cebro Rodríguez, herdanza xacente de Manuel Cebro Sousa, Fondo de Garantía Salarial, María Ríos Varela, Juan Cebro Rodríguez, Alejandro Cebro Rodríguez sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Parte dispositiva:

Acórdase aclarar o contido da sentenza do 26 de xuño de 2018, de tal forma que o seu contido se substitúe polo seguinte:

No feito probado cuarto da sentenza debe dicir: “O 26 de xullo de 2017 a empresa notificoulle carta de despedimento con efectos do 10 de agosto de 2017 alegando causas obxectivas de natureza económica e produtiva, polos motivos que constan na propia carta presentada como doc. nº 1 do ramo de proba da demandante, cuxo contido se dá integramente por reproducido neste momento en prol da brevidade, ao abeiro do establecido no artigo 52.c) do ET”.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución non é susceptible de recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que se poidan interpor contra a resolución que é obxecto de rectificación.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mónica Cebro Rodríguez, Ramón Cebro Rodríguez, José Luis Cebro Rodríguez, Juan Cebro Rodríguez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese os destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza