Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx. 45123

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (235/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 235/2016 por instancia de Mutua Gallega contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mercedes Galván Rodas, a empresa Limpiezas del Noroeste, S.A., e o Servizo Galego de Saúde (desistido), sobre determinación de continxencia, nos cales se ditou a Sentenza do 12 de setembro de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Desestímase a demanda interposta pola Mutua Gallega contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mercedes Galván Rodas e Limpiezas del Noroeste, S.A., polo que non procede realizar as declaracións pretendidas na demanda presentada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. Abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, ou representante, dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Limpiezas del Noroeste, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza