Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2018 Páx. 45250

IV. Oposicións e concursos

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2018 polo que se convoca proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal (contrato de interinaxe).

Posto de traballo que se convoca: persoal laboral temporal (contrato de interinaxe) na categoría de celador/a guardapeiraos para a zona sur de Portos de Galicia (Porto da Illa de Arousa-Pontevedra).

Tipo de contratación: de acordo co previsto no artigo 34.1.b) do Convenio colectivo para o persoal laboral da entidade de Portos de Galicia, e no artigo 15.1.c) do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico de empregado público, o contrato de traballo revestirá a modalidade de contrato de interinaxe.

Destino: zona sur de Portos de Galicia (Porto da Illa de Arousa).

Prazo de presentación de solicitudes polos aspirantes: dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio indicativo das bases. Así mesmo, solicitarase á Oficina de Emprego unha lista de candidatos.

Lugar onde se poden obter as bases completas do procedemento: as bases poderanse obter na oficina dos servizos centrais da entidade pública Portos de Galicia, sita no edificio de Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, e poderanse descargar no seguinte enderezo electrónico: https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-en-materia-de-persoal/procesos-de-provision-transitoria.

Forma e lugar de presentación de solicitudes: as solicitudes serán dirixidas á comisión de selección e deberán presentarse debidamente cumprimentadas conforme o modelo de instancia que se recolle no anexo I das bases no Rexistro Xeral da entidade pública Portos de Galicia, sito no edificio de Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 de Santiago de Compostela, ou remitirse por correo certificado ao mesmo domicilio ou nas oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común. Neste último caso, deberá remitirse por correo electrónico xestion.persoal@portosdegalicia.com antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes unha copia da solicitude rexistrada.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia