Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2018 Páx. 45251

IV. Oposicións e concursos

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2018 polo que se convoca proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal (contrato de remuda).

Posto de traballo que se convoca: persoal laboral temporal (contrato de remuda) na categoría de celador/a gardapeiraos para a zona centro de Portos de Galicia (Porto de Laxe-A Coruña).

Tipo de contratación: o contrato de traballo revestirá a modalidade de contrato de remuda/substitución, efectuándose a contratación con carácter temporal ata que se extinga o período de xubilación especial concedido ao titular do posto e que obriga a que se subscriba o correspondente contrato de substitución.

Destino: zona centro de Portos de Galicia (Porto de Laxe).

Prazo de presentación de solicitudes polos aspirantes: dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio indicativo das bases. Así mesmo, solicitarase á Oficina de Emprego unha lista de candidatos.

Lugar onde se poden obter as bases completas do procedemento: as bases poderanse obter na oficina dos servizos centrais da entidade pública Portos de Galicia, sita no edificio de Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela e poderanse descargar no seguinte enderezo electrónico: https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-en-materia-de-persoal/procesos-de-provision-transitoria.

Forma e lugar de presentación de solicitudes: as solicitudes serán dirixidas á comisión de selección e deberán presentarse debidamente cumprimentadas conforme o modelo de instancia que se recolle no anexo I das bases no Rexistro Xeral da entidade pública Portos de Galicia, sito no edificio de Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 de Santiago de Compostela, ou remitirse por correo certificado ao mesmo domicilio ou nas oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común. Neste último caso, deberá remitirse por correo electrónico xestion.persoal@portosdegalicia.com antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes unha copia da solicitude rexistrada.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia