Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45503

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de mantemento de equipamento informático e infraestrutura de rede e servidores de centros dependentes desta xerencia (expediente AB-EIO1-18-007).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Estrutura de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos - Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIO1-18-007.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante: http://www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de mantemento de equipamento informático e infraestrutura de rede e servidores de centros dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

c) Lotes (no seu caso): si. 2 lotes.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 50312000-5.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia núm. 51, de 13.3.2018.

Boletín Oficial del Estado núm. 59, de 8.3.2018.

Diario Oficial de la Unión Europea núm. 2018/S 042-092001, do 1.3.2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 2.138.016,50 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 822.314,04 €. Importe total: 995.000,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 18 de xullo de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 1 de setembro de 2018.

c) Contratistas:

Lotes 1 e 2: Tecnoloxías Plexus, S.L.: NIF: B-15726177.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto. Lote 1: 437.913,00 €. Importe total: 529.874,74 €.

Importe neto. Lote 2: 235.000,00 €. Importe total: 284.350,00 €.

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: véxase a resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante o 19 de xullo de 2018.

Ourense, 14 de setembro de 2018

Julio García Comesaña
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras