Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45505

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 20 de setembro de 2018 polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente 15R001-57-2018-SSP e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, número 1, 5, baixo de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2018

Sol Mª Vázquez Abeal
Directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANEXO

Expediente: 15R001-57-2018-SSP.

Interesada: Shaohua Wang.

CIF/NIF: X6172630M.

Acto notificado: acordo de inicio de expediente de medidas de reacción.

Expediente: 15R001-15-2016-SSP.

Interesada: Efficiency Import Export, S.L.

CIF/NIF: B27780618.

Acto notificado: acordo de inicio de expediente de medidas de reacción.