Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45397

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a Resolución do 25 de abril de 2018 pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril (Diario Oficial de Galicia número 87, do 7 de maio).

Artigo único

De conformidade coas previsións contidas no Real decreto 1566/1999, do 8 de outubro, sobre os conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada, por ferrocarril ou por vía navegable; na Lei 16/1987, do 30 de xullo; no Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, e na Orde FOM/605/2004, do 27 de febreiro, modifícase a composición do tribunal designado na base décimo primeira da Resolución do 25 de abril de 2018 que se cita no encabezado, no seguinte sentido:

Noméase como secretaria suplente a María Inmaculada Carril Barco.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2018

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade