Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45440

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 126/2017).

Eva Bernárdez Pereiras, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela, polo presente, fago saber que nos autos de xuízo ordinario se ditou sentenza nº 15/2018, en data do 9 de febreiro de 2018, contra a que cabe recurso de apelación ante a Audiencia provincial que deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de 20 días contados desde o día seguinte á notificación daquela. Para a interposición do dito recurso, deberá de acreditarse a consignación dun depósito de 50 euros na conta deste xulgado, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

E, encontrándose o dito demandado, Jesús María Cendán Vázquez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza