Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45439

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

CÉDULA de notificación de auto (RSU 510/2018).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 510/2018 desta sección, seguido por instancia de Francisco Troncoso Troncoso contra Fogasa, Armadilla, S.L., Manuel Vaqueiro, S.L., Rocas de Porriño, S.L., Granitos Mondariz, S.L., José Ramón López Romero, Granitos Gris Rosa, S.L. sobre outros dereitos de seguridade social, foi ditado no 23.7.2018 o seguinte auto:

«Acórdase rectificar a sentenza do 5 de xullo de 2018 ditada nos presentes autos, no sentido de que na parte dispositiva a entidade que debe figurar como absorbida por Armadilla, S.L. é Minería Ornamental, S.A. e non Granitos Grisrosa, S.L.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución non cabe interpor recurso ningún distinto ao que cabería contra a resolución aclarada.

Así o acordan, mandan e asinan por este auto os/as maxistrados/as que o ditaron».

E para que sirva de notificación en legal forma a Rocas de Porriño S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza