Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45437

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de emprazamento (RSU 510/2018 CBO).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 510/2018 desta sección, seguido por instancia de Francisco Troncoso Troncoso contra o Fogasa, Armadilla, S.L., Manuel Vaqueiro, S.L., Rocas de Porriño, S.L., Granitos Mondariz, S.L., José Ramón López Romero, Granitos Gris Rosa, S.L. sobre outros dereitos seguridade social, foi ditada no 19.9.2018 a seguinte resolución:

«O anterior escrito subscrito polo letrado Alfredo Briales de Porcioles, en representación de Francisco Troncoso Troncoso, únese ao recurso da súa razón.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala, á cal se une testemuño da sentenza alegada de contraste ditada por esta sala no RSU 1821/16.

Emprácense as partes para compareceren por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días.

Emprácese Rocas de Porriño, S.L., por medio do Diario Oficial de Galicia (DOG)

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 2 de Vigo que a resolución desta sala foi impuganda en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún».

E para que sirva de notificación e emprazamento en legal forma a Rocas de Porriño S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza