Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45445

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Corcubión

EDICTO (8/2011).

No procedemento de referencia ditouse a sentenza que contén a seguinte resolución:

«Que, estimando a demanda presentada por Feliciano Paz Caamaño, quen compareceu baixo a representación procesual do procurador Sr. García Lijó e asistido polo letrado Sr. Mayán Quintela, contra Isabel Trillo Díaz, en situación procesual de rebeldía.

Debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio formado por Feliciano Paz Caamaño e Isabel Trillo Díaz, cos efectos legais inherentes a tal declaración.

Non se impoñen as custas a ningunha das partes.

Unha vez que sexa firme esta resolución, remítase testemuño dela ao encargado do Rexistro Civil de Cee, co fin de que se efectúe a correspondente inscrición marxinal no asento de inscrición do matrimonio.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación, ante este xulgado, no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación, para a súa resolución ante a Audiencia Provincial da Coruña».

Como consecuencia do ignorado paradoiro de Isabel Trillo Díaz, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Corcubión, 4 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza