Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45446

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 336/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 336/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Elizabeth dos Santos de Sousa contra o Fondo de Garantía Salarial, administrador concursal de Coruñatex, S.L. e Coruñatex, S.L. sobre despedimento, se ditou a sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Elisabeth dos Santos de Sousa, contra a entidade Coruñatex, S.L., e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento do que a demandante foi obxecto con efectos do 31 de marzo de 2018, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data do despedimento (31.3.2018), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, condenando a entidade Coruñatex, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 6.186,62 €, e con imposición do aboamento dos honorarios do letrado que asistiu á demandante ata o límite de 600 €.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma ao administrador concursal de Coruñatex, S.L. e a Coruñatex, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza