Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2018 Páx. 45625

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 17 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente 445/2016 interposto contra a resolución ditada o 13 de xullo de 2016.

Intentada a notificación a Helena Comitre da Cruz no enderezo que se especifica no anexo, da resolución do conselleiro de Sanidade do 20 de xuño de 2018, do recurso de alzada interposto pola interesada contra a resolución ditada pola xefa territorial da Consellería de Sanidade na Coruña o día 13 de xullo de 2016, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, a interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial, sita na rúa Durán Loriga, núm. 3, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á interesada en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento da interesada que a resolución relacionada no anexo esgota a vía administrativa e poderá interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

A Coruña, 17 de setembro de 2018

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 445/2016.

Interesada: Helena Comitre da Cruz.

DNI/NIE/PAS: FO412497.

Último enderezo coñecido: rúa Curros Enríquez, 13-A, 4º D (Cambre).