Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2018 Páx. 45627

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se fan públicas a adxudicación e a formalización da contratación por lotes do servizo denominado Punto de encontro familiar de Santiago de Compostela e Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a adxudicación e a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

c) Número de expediente: PA 20/2018.

d) Perfil do contratante: https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=283100

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación por lotes do servizo denominado Punto de encontro familiar de Santiago de Compostela e Lugo.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 46, do 6 de marzo de 2018.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Número de lotes: dous.

4. Orzamento base de licitación: catrocentos dezaseis mil setecentos corenta e seis euros (416.746,00 €), aos cales se lles enganden oitenta e sete mil cincocentos dezaseis euros con sesenta e seis céntimos (87.516,66 €) que corresponden ao IVE (21 %), polo que o importe total do expediente de gasto é de cincocentos catro mil douscentos sesenta e dous euros con sesenta e seis céntimos (504.262,66 €).

5. Adxudicación e formalización dos contratos.

5.1. Lote 1: Santiago de Compostela.

a) Data de adxudicación: 23 de xullo de 2018.

b) Contratista: Asociación Punto de Encontro «Encontro».

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: cento oitenta e nove mil seiscentos setenta e sete euros con dezasete céntimos (189.677,17 €).

e) Data de formalización: 16 de agosto de 2018.

5.2. Lote 2: Lugo.

a) Data de adxudicación: 10 de xullo de 2018.

b) Contratista: Fundación Camiña Social.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: cento sesenta e dous mil euros setecentos oitenta e dous euros con cincuenta céntimos (162.782,50 €).

e) Data de formalización: 1 de agosto de 2018.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2018

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social