Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2018 Páx. 45523

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigas legais fixadas.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de maio, xuño,
xullo e agosto do ano 2018

Convenio

Importe €

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Provincial de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios de Protección Civil da Coruña en materia de protección civil.

5.500 €

3.5.2018

Addenda ao convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias, sobre a detección de supostos de vulnerabilidade con ocasión do lanzamento de vivenda familiar e medidas de carácter social e sobre cesión de datos nos procedementos de desafiuzamentos e execución hipotecaria.

0 €

10.5.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Moaña en materia de protección civil e emerxencias, colaborando nos gastos de adquisición dun vehículo todo terreo de Protección Civil e Emerxencias.

35.500 €

21.5.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Academia Galega de Seguridade Pública.

0 €

22.5.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Fundación Galega contra o Narcotráfico, para o mantemento da liña 900.

17.000 €

23.5.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a atención psicolóxica a mulleres e menores que sofren violencia de xénero e, complementariamente, a outras persoas do seu entorno familiar que vivan ou padezan situacións de violencia de xénero, e atención psicolóxica a homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar.

237.039 €

28.5.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Aixiña.

6.083,26 €

30.5.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Galega de Apicultura en materia de protección civil.

22.500 €

1.6.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps) para a realización do proxecto Prestación de axuda sanitaria na Wilaya de Bojador e construción dun dispensario na Daira de Mheiriz.

75.000 €

1.6.2018

Convenio para determinar o plan de actuación para 2018 que subscriben a Xunta de Galicia, a Fiscalía Xeral do Estado, a Deputación Provincial da Coruña e o Centro de Estudos Xurídicos, O.A., relativo ao programa de formación continua de fiscais Escola de verán do Ministerio Fiscal.

25.000 €

4.6.2018

Contrato de colaboración para a incorporación do Consello Consultivo de Galicia ao contrato para o servizo de vixilancia e seguridade dos edificios administrativos da Xunta de Galicia.

0 €

4.6.2018

Contrato de colaboración para a incorporación do Consello Galego de Relacións Laborais ao contrato para o servizo de vixilancia e seguridade dos edificios administrativos da Xunta de Galicia.

0 €

4.6.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello do Rosal en materia de protección civil e emerxencias colaborando nos gastos de funcionamento e mantemento do servizo que presta a agrupación de voluntarios de protección civil.

6.000 €

6.6.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e a Asociación España con ACNUR (Comité Español do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados) parar a execución do proxecto Protección e asistencia básica á poboación Siria refuxiada no Líbano.

20.000 €

11.6.2018

Protocolo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas da Coruña e Pontevedra, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas de Lugo, e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos e Peritos Agrícolas de Ourense para a prestación de asistencia pericial á Administración de xustiza.

0 €

13.6.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o proxecto de fortalecemento da rede galega de cooperación universitaria para o desenvolvemento 2018-2019.

82.577 €

20.6.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Secretaría Xeral da Igualdade), a Unión Profesional de Galicia e Agaxen (Asociación Galega de Profesionais da Auditoría Sociolaboral de Xénero e da Prevención do Acoso e da Violencia de Xénero nas Organizacións), para a prevención do acoso sexual no entorno laboral.

0 €

25.6.2018

Convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e máis a Deputación Provincial da Coruña relativo á Escola de Verán do Poder Xudicial, programa de formación continua dos/das integrantes da carreira xudicial para o ano 2018.

25.000 €

3.7.2018

Convenio de colaboración para a incorporación do Consello Económico e Social de Galicia ao contrato centralizado para o servizo de vixilancia e seguridade dos edificios administrativos da Xunta de Galicia.

0 €

12.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Ames en materia de prevención de risco no camiño portugués e axuda aos/ás peregrinos/as.

2.344,32 €

13.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Arzúa en materia de prevención de risco no camiño francés e axuda aos/ás peregrinos/as.

7.468,54 €

13.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Barro en materia de prevención de risco no camiño portugués e axuda aos/ás peregrinos/as.

3.541,32 €

13.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Caldas de Reis en materia de prevención de risco no camiño portugués e axuda aos/ás peregrinos/as.

4.430,46 €

13.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Melide en materia de prevención de risco no camiño francés e axuda aos/ás peregrinos/as.

4.227,92 €

13.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Monterroso en materia de prevención de risco no camiño francés e axuda aos/ás peregrinos/as.

4.126,65 €

13.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Mos en materia de prevención de risco no camiño portugués e axuda aos/ás peregrinos/as.

3.701,32 €

13.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Padrón en materia de prevención de risco no camiño portugués e axuda aos/ás peregrinos/as.

4.466,92 €

13.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Palas de Rei en materia de prevención de risco no camiño francés e axuda aos/ás peregrinos/as.

4.835,54 €

13.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Pontecesures en materia de prevención de risco no camiño portugués e axuda aos/ás peregrinos/as.

2.627,87 €

13.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Pontevedra en materia de prevención de risco no camiño portugués e axuda aos/ás peregrinos/as.

5.151,50 €

13.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello do Porriño en materia de prevención de risco no camiño portugués e axuda aos/ás peregrinos/as.

6.405,21 €

13.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Portas en materia de prevención de risco no camiño portugués e axuda aos/ás peregrinos/as.

2.243,05 €

13.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Portomarín en materia de prevención de risco no camiño francés e axuda aos/ás peregrinos/as.

6.658,39 €

13.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Redondela en materia de prevención de risco no camiño portugués e axuda aos/ás peregrinos/as.

5.645,69 €

13.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Santiago de Compostela en materia de prevención de risco nos camiño francés e portugués e axuda aos/ás peregrinos/as.

6.962,19 €

13.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Sarria en materia de prevención de risco no camiño francés e axuda aos/ás peregrinos/as.

15.975,16 €

13.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Teo en materia de prevención de risco no camiño portugués e axuda aos/ás peregrinos/as.

3.275,99 €

13.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Valga en materia de prevención de risco no camiño portugués e axuda aos/ás peregrinos/as.

3.203,08 €

13.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Vilaboa en materia de prevención de risco no camiño portugués e axuda aos/ás peregrinos/as.

2.708,88 €

13.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña (ALAS Coruña) para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais).

2.431 €

17.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación de Menores Trans (Arelas) para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais).

2.431 €

17.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Comité Cidadán Antisida da Coruña (Casco) para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais).

2.431 €

17.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Chrysallis Galicia para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais).

2.431 €

17.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Nós Mesmas para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais).

2.431 €

17.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, para a execución do proxecto A fondo cos ODS.

40.000 €

18.7.2018

Acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade e Cooperativas Lácteas Unidas, S.C.G. (Clun) para a visualización e apoio a proxectos de promoción da igualdade.

0 €

19.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Secretaría Xeral da Igualdade), o Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia e Agaxen, Asociación Galega de Profesionais da Auditoría Sociolaboral de Xénero e da Prevención do Acoso e da Violencia de Xénero nas Organizacións, para a prevención da violencia de xénero e o acoso sexual no entorno veciñal.

0 €

20.7.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería do Mar para reforzar ao persoal de Gardacostas na loita contra o furtivismo na comunidade autónoma.

60.000 €

30.7.2018

Acordo polo que se modifica o convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Universidade de Santiago de Compostela, para a colaboración entre o Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) e o Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro.

0 €

11.8.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e os concellos de Toén e Barbadás para a execución do proxecto denominado acondicionamento de vía pública entre Moreiras e Sobrado.

36.300 €

13.8.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración local da Coruña.

9.521,38 €

14.8.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración local de Lugo.

1.194,60 €

14.8.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración local de Ourense.

3.189,60 €

14.8.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro e as súas federacións veciñais.

64.500 €

20.8.2018