Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2018 Páx. 45529

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio durante o segundo cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio durante o segundo cuadrimestre do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2018

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda

ANEXO

Convenios asinados no segundo cuadrimestre do ano 2018

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da consellería (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e Signus Ecovalor, S.L., para o seguimento da xestión de pneumáticos ao final da súa vida útil en Galicia.

Regular o desenvolvemento da xestión de pneumáticos ao final da súa vida útil (NFVU), que vai realizar Signus Ecovalor, S.L., en Galicia e as ferramentas para o seguimento do cumprimento dos obxectivos de recollida, reciclaxe e valorización que debe garantir no ámbito desta comunidade autónoma, así como das actuacións realizadas para o cumprimento destes obxectivos.

4 de maio de 2018

Sen achega económica da consellería

Convenio marco de colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e a Sociedade Ecolóxica para a Reciclaxe dos Envases de Vidro (Ecovidrio).

Regular os dereitos e obrigas da comunidade autónoma, de Ecovidrio e dos entes locais que voluntariamente se adhiran a el, en relación co funcionamento do sistema integrado de xestión de residuos de envases e envases usados de vidro que xestiona Ecovidrio na Comunidade Autónoma de Galicia.

28 de maio de 2018

Sen achega económica da consellería

Convenio de colaboración entre a Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

Regular a colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A, en materia de información meteorolóxica a difundir pola televisión e radio (canles da Corporación Radio e Televisión de Galicia).

10 de xullo de 2018

Sen achega económica da consellería

Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, e a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia, para o desenvolvemento de actuacións de cálculo intensivo dos modelos numéricos para o servizo de predición meteorolóxica de Galicia.

Regular as condicións da colaboración para o desenvolvemento de actuacións de cálculo intensivo dos modelos numéricos para o servizo de predición meteorolóxica de Galicia.

16 de xullo de 2018

34.629,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Caza, para a realización de actividades de divulgación e fomento da actividade cinexética na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Federación Galega de Caza para o fomento da actividade cinexética sustentable no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a través da organización de actividades para a promoción e divulgación nesta materia.

16 de maio de 2018

25.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Pesca e Casting, para a realización de actividades de organización de eventos e campionatos relacionados coa actividade piscícola na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Federación Galega de Pesca e Casting a través da organización de campionatos e eventos relacionados coa actividade piscícola na Comunidade Autónoma de Galicia e a súa posterior divulgación.

16 de maio de 2018

15.000,00

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental (CEIDA) para a realización de Xornadas Internacionais de Educación Ambiental, dinamización da Rede Galega de Reservas de Biosfera, Xornadas de Traballo conxunto da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN), exposicións itinerantes, reunión do Observatorio Galego de Educación Ambiental e asesoramento e documentación do Centro de Documentación Ambiental.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o CEIDA para a realización das Xornadas Internacionais de Educación Ambiental, dinamización da Rede Galega de Reservas de Biosfera, Xornadas de traballo conxunto da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN), exposicións itinerantes, reunión do Observatorio Galego de Educación Ambiental, asesoramento e documentación do Centro de Documentación Ambiental e Xornadas de Patrimonio Xeolóxico.

6 de xuño de 2018

14.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Fundación Bancaria La Caixa para o desenvolvemento de actuacións de rexeneración das áreas naturais afectadas polos incendios no Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés na Comunidade Autónoma de Galicia.

Establecer as condicións para a execución de proxectos e actuacións xestionados pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para o desenvolvemento de actuacións de rexeneración das áreas naturais afectadas polos incendios no Parque Natural de Baixa Limia-Serra do Xurés na Comunidade Autónoma de Galicia.

9 de xullo de 2018

Sen achega económica da consellería

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Instituto Enerxético de Galicia, a Axencia Turismo de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello da Veiga para a realización do proxecto de construción do observatorio astronómico na Veiga.

Modifícase a cláusula quinta no que respecta á execución do orzamento, a cláusula sexta relativa aos compromisos da Axencia Turismo de Galicia, Deputación de Ourense e Concello da Veiga, a cláusula sétima no que respecta á vixencia e décimo segunda relativa aos gastos subvencionables e a cláusula décimo terceira, relativa á xustificación.

10 de xullo de 2018

Sen achega económica da consellería

Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Axencia Turismo de Galicia para o financiamento da xestión no proxecto

Gerês-Xurés_Dinámico aprobado na primeira convocatoria do programa Interreg V-A-España-Portugal (POCTEP), cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Establecer as pautas que se seguirán na colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Axencia Turismo de Galicia para o financiamento e sustentabilidade conxunta no acompañamento e asesoramento na xestión e coordinación do proxecto 0220_Gerês_Xurés_Dinámico_1_e aprobado no ámbito do programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP).

7 de agosto de 2018

12.344,42

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Fundación Ingeniería Civil de Galicia para a realización de actividades e estudos que permitan coñecer a situación xeolóxica-xeotécnica actual do monumento natural Praia das Catedrais e a súa posible evolución no tempo, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Fundación Ingeniería Civil de Galicia para a realización das actividades e estudos que permitan coñecer a situación
xeolóxica-xeotécnica actual do Monumento Natural da Praia das Catedrais, e a súa posible evolución no tempo; consensuar recomendacións conxuntas para os seus usos futuros, así como o reforzamento das sinerxias e colaboración entre as administracións responsables das medidas de xestión e control e a comunidade científica, no relativo ás liñas de investigación e transferencia de tecnoloxía no eido da xestión do medio natural dentro do seu ámbito competencial.

14 de agosto de 2018

264.990,00

Addenda número 1 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Oza-Cesuras para o financiamento da redacción do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Oza-Cesuras.

Modificación do contido da cláusula segunda –compromisos da Xunta de Galicia– e da cláusula terceira –compromisos do Concello de Oza-Cesuras–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos para cada unha das partes intervenientes no mesmo.

13 de xuño de 2018

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda número 5 ao convenio entre a extinta Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Santiago de Compostela para o financiamento da redacción da revisión do Plan especial de protección da cidade histórica do Concello de Santiago de Compostela.

Modificación do contido da cláusula segunda –compromisos da Xunta de Galicia–, da cláusula terceira –compromisos do Concello de Santiago de Compostela– e a cláusula sétima –vixencia do convenio–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos para cada unha das partes.

18 de xuño de 2018

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda número 2 ao convenio de colaboración entre a extinta Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Verín para o financiamento da redacción do Plan especial de protección e reforma interior do casco histórico e barrio de San Lázaro do Concello de Verín.

Modificación do contido da cláusula primeira –na que se especifica o orzamento total do convenio– cláusula segunda –compromisos da Xunta de Galicia– , da cláusula terceira –compromisos do Concello de Verín– e da cláusula sétima –vixencia do convenio–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos para cada unha das partes intervenientes no mesmo.

29 de xuño de 2018

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Ribeira para as obras de acondicionamento e dotación de servizos na avenida da Coruña en Ribeira (treito comprendido entre os números 109 e 123 na súa marxe esquerda).

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ribeira, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no acondicionamento e dotación de servizos na avenida da Coruña en Ribeira (treito comprendido entre os números 109 e 123, na súa marxe esquerda).

30 de xullo de 2018

45.443,54

Addenda número 4 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Padrón para a construción dunha pasarela peonil sobre o río Sar.

Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

30 de xullo de 2018

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello da Estrada para as obras de equipamento e instalacións de iluminación pública das travesías de Vea e da igrexa na Estrada.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello da Estrada, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no equipamento e instalacións de alumeado público das travesías de Vea e da igrexa na Estrada.

23 de agosto de 2018

33.867,17