Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2018 Páx. 45721

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2018 pola que se modifica a dotación orzamentaria da Resolución do 28 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, e se convocan para o ano 2018.

O 22 de xuño de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 28 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, e se convocan para o ano 2018.

O artigo 2 da Resolución do 28 de maio de 2018 establecía que as subvencións se imputarán ao capítulo VII do orzamento da Axencia Galega de Innovación coa seguinte distribución:

Beneficiarios

Capítulo orzamentario

Ano 2018

(€)

Ano 2019

(€)

Ano 2020

(€)

Ano 2021

(€)

Total

(€)

Organismos investigación privados

09.A3.561A.7

(2015 00016)

191.667,00

713.000,00

713.000,00

682.333,00

2.300.000,00

Organismos investigación públicos

09.A3.561A.7

(2015 00016)

58.333,00

217.000,00

217.000,00

207.667,00

700.000,00

Total

250.000,00

930.000,00

930.000,00

890.000,00

3.000.000,00

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o importe total solicitado é inferior ao importe convocado. Este remanente de crédito servirá para ampliar os créditos doutras convocatorias de Gain financiadas con cargo á mesma aplicación orzamentaria conforme ao disposto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia.

En consecuencia, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,

RESOLVO:

Artigo único

Modificar a dotación orzamentaria da Resolución do 28 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, e se convocan para o ano 2018, nos termos que se sinalan:

Beneficiarios

Capítulo orzamentario

Ano 2018

(€)

Ano 2019

(€)

Ano 2020

(€)

Ano 2021

(€)

Total

(€)

Organismos investigación privados

09.A3.561A.7

(2015 00016)

55.213,50

713.000,00

713.000,00

682.333,00

2.163.564,5

Organismos investigación públicos

09.A3.561A.7

(2015 00016)

58.333,00

217.000,00

217.000,00

207.667,00

700.000,00

Total

113.546,5

930.000,00

930.000,00

890.000,00

2.863.564,5

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2018

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación