Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2018 Páx. 45719

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2018 pola que se modifica a dotación orzamentaria da Resolución do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

O 4 de xullo de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

O artigo 2 da Resolución do 31 de maio de 2018 establecía que as subvencións se imputarán ao capítulo VII do orzamento da Axencia Galega de Innovación coa seguinte distribución:

Eixe

OE

Beneficiarios

Desagregación medida

(CE_Actividades)

Capítulo orzamentario

Ano 2018

(€)

Ano 2019

(€)

Ano 2020

(€)

Ano 2021

(€)

Total

(€)

01

1.2.3

Organismos investigación privados

061_70

09.A3.561A.7

(2016 00015)

73.132,00

1.402.500,00

1.402.500,00

1.371.868,00

4.250.000,00

0.1

1.2.3

Organismos investigación públicos

060_69

09.A3.561A.7

(2016 00012)

76.868,00

247.500,00

247.500,00

178.132,00

750.000,00

Total

150.000,00

1.650.000,00

1.650.000,00

1.550.000,00

5.000.000,00

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o importe total solicitado é inferior ao importe convocado. Este remanente de crédito servirá para outras actuacións de Gain financiadas con Feder no marco da RIS3 Galicia.

En consecuencia, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,

RESOLVO:

Artigo único

Modificar a dotación orzamentaria da Resolución do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, nos termos que se sinalan:

Eixe

OE

Beneficiarios

Desagregación medida

(CE_Actividades)

Capítulo orzamentario

Ano 2018

(€)

Ano 2019

(€)

Ano 2020

(€)

Ano 2021

(€)

Total

(€)

01

1.2.3

Organismos investigación privados

061_70

09.A3.561A.7

(2016 00015)

73.132,00

873.264,91

984.666,43

1.371.868,00

3.302.931,34

0.1

1.2.3

Organismos investigación públicos

060_69

09.A3.561A.7

(2016 00012)

76.868,00

247.500,00

247.500,00

178.132,00

750.000,00

Total

150.000,00

1.120.764,91

1.232.166,43

1.550.000,00

4.052.931,34

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2018

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación