Expediente: IN407A 2018/87-1.
Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT, RBT Costoia.
Concello: Sobrado.
Feitos:
1. O 30 de abril de 2018, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
3. Solicitóuselles o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.
4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.
Consideracións legais e técnicas:
1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
6. A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
7. As características técnicas da instalación son as seguintes:
– Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 40 m, con orixe no apoio nº 60 da LMTA SDG709, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV (1×240 Al), e remate no CT Costoia (proxectado).
– Centro de transformación prefabricado Costoia, cunha potencia de 160 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400 V.
8. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
Primeiro. Concederlle a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.
Segundo. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal achegará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
Cuarto. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 25 de setembro de 2018
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña