Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Antonio José Esturao San Millán contra Constructora Promotora Touro, S.L. acordouse notificar parte dispositiva do auto e decreto do 28.11.2017 e do 29.11.2017, respectivamente, ditado no procedemento ETX 230/2017 a Constructora Promotora Touro, S.L., en ignorado paradoiro:
«Parte dispositiva
Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Antonio Esturao San Millán, fronte a Constructora Promotora Touro, S.L., parte executada, por importe de 2.218,98 euros en concepto de indemnización e de 7.802,80 euros en concepto de salarios, máis 568,58 euros de xuros de demora destes últimos, máis 1.059,03 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 da LXS.
O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrado da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución.
Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.
Así o acorda e asina a súa señoría.
A xuíza
(…)
Parte dispositiva
Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:
– Requirir de pagamento a Constructora Promotora Touro, S.L. pola cantidade reclamada en concepto de principal e xuros devindicados, se é o caso, ata a data da demanda e, se non paga no prazo de dez días, procédase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola que se despachou execución máis as custas desta, librándose para o efecto.
– Requirir a Constructora Promotora Touro, S.L. co fin de que no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.
Conta número 0049 3569 9200 0500 1274 aberta en Banco Santander. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír a indicación 5076 0000 64 0230 17.
Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.
Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 aberta en Banco Santander, e sinalar no campo concepto a indicación recurso seguida do código “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separada por un espazo, a indicación 5076 0000 64 0230 17 seguida de “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.
A letrada da Administración de xustiza».
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
E para que sirva de notificación á Constructora Promotora Touro, S.L. en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2018
A letrada da Administración de xustiza


