Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2018 Páx. 46117

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 157/2018).

Execución de títulos xudiciais 157/2018

Procedemento orixe: procedemento ordinario 259/2017

Sobre ordinario

Demandante: César Moure Rosende

Avogado: Luis Miguel Martínez Santos

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Óscar Carretero Boga

Avogado/a: letrado do Fogasa

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 157/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de César Moure Rosende, contra a empresa Óscar Carretero Boga, sobre reclamación de cantidade, ditouse decreto o 25 de setembro de 2018, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva

Acordo acumular a presente execución número 157/2018 á seguida nesta oficina xudicial co número 31/18.

Lévese testemuño do presente á execución de razón e o orixinal ao libro correspondente de decretos.

Notifíquese ás partes por Lexnet e a Óscar Carretero Boga por medio de edictos no DOG.

Modo de impugnación: mediante recurso de revisión que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acordo e asino.

Letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a César Carretero Boga, expido o presente.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza