Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2018 Páx. 46079

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 27 de xullo de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento dos centros de protección de menores dependentes de entidades de iniciativa social e se convocan para o ano 2018, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020).

A Consellería de Política Social publica no ano 2018 a Orde do 27 de xullo de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento dos centros de protección de menores dependentes de entidades de iniciativa social e se convocan para o ano 2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 151, do 8 de agosto).

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian as axudas de investimento ten un cofinanciamento do 80 % do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

O prazo e a forma de presentación das solicitudes regúlanse no artigo 7 da antedita orde. Ese artigo recolle tamén a posibilidade de requirimento de emenda no caso de ser necesario, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos.

O artigo 13.5 da Orde do 27 de xullo de 2018 dispón que, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os requirimentos de emenda se farán mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Así mesmo, os requirimentos tamén se publicarán a través do Portal da Consellería de Política Social (http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/portada).

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes obxecto de requirimento por non estar debidamente cubertas e/ou non achegar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación e o obxecto do requirimento figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes que figuran no dito anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución, coa advertencia de que, de non o facer, se terán por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 7.3 da Orde do 27 de xullo de 2018, ao abeiro do artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución de conformidade co disposto no artigo 21 da dita lei.

Terceiro. Informar as entidades interesadas de que, de acordo co establecido no artigo 8 da Orde do 27 de xullo de 2018 e no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentación da documentación requirida debe ser realizada electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Cuarto. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, a través dos medios recollidos no artigo 24 da orde de convocatoria.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2018

Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Requirimentos de emenda de documentación (BS413A)

Relación de solicitudes suxeitas a emenda de documentación

Núm. de expediente

Centro

Solicitante

NIF

Documentación que se require

BS413A 2018/1

Casa de Familia Esperanto 17 B

Aldeas Infantiles SOS de Galicia de Vigo

G36639896

2

BS413A 2018/2

Casa de Familia Esperanto 17 A

Aldeas Infantiles SOS de Galicia de Vigo

G36639896

2

BS413A 2018/3

Mini-residencia Santísima Trinidad

Colegio Hogar Santísima Trinidad Trinitarias Instituto de Hermanas

R3600136J

3, 4

BS413A 2018/4

Casa de Familia Arela Bembrive

Arela Asoc.

G36846152

3, 4

BS413A 2018/5

Casa de Familia Arela Atlántida

Arela Asoc.

G36846152

3, 4

BS413A 2018/7

Centro de Día Integral Arela O Barco

Arela Asoc.

G36846152

4

BS413A 2018/8

Centro de Día Esperanto 15

Aldeas Infantiles SOS de Galicia de Vigo

G36639896

2

BS413A 2018/9

Centro de Día Integral Arela Dr. Teixeiro

Arela Asoc.

G36846152

4

BS413A 2018/10

Centro con Fogares Redondela

Aldeas Infantiles SOS de Galicia de Vigo

G36639896

2

BS413A 2018/12

Casa de Familia Arela Allariz

Arela Asoc.

G36846152

4

BS413A 2018/13

Centro de Día Aragón Vigo

Aldeas Infantiles SOS de Galicia de Vigo

G36639896

2

BS413A 2018/15

Casa de Familia Arela O Barco

Arela Asoc.

G36846152

4

BS413A 2018/16

Centro de Día Ponteareas

Aldeas Infantiles SOS de Galicia de Vigo

G36639896

2

BS413A 2018/17

Centro de Día Alborada

Asoc. Ciudadana de Lucha contra la Droga

G36624963

3

BS413A 2018/18

Mini-residencia A Milagrosa

Colegio de la Milagrosa en Carballo Cía. Hijas de la Caridad de San Vicente de Paul Prov. de Gijón

R1500033D

5

BS413A 2018/19

Casa de Familia Maluma

Asoc. Maluma-O Grove

G36474518

4

BS413A 2018/21

Casa de Familia Breogán

Asoc. Dignidad-Galicia

G15500853

4

BS413A 2018/23

Centro de Día Cáritas Vigo

Cáritas Diocesana Tui Vigo

R3600368I

3, 4

BS413A 2018/25

Casa de Familia Albada-Vilagarcía

Fundación Aldaba

G82453606

5

BS413A 2018/27

Fundación Barata Ojea Quiroga Villarino

Fundación Barata Ojea Quiroga Villarino

G32025058

3, 4, 5

BS413A 2018/28

Centro Ollos Grandes

Comunidad RR. Buen Pastor

R2700047J

5

BS413A 2018/29

Centro O Seixo

Comunidad Buen Pastor

R3600175H

3, 5

BS413A 2018/30

Casa de Familia Faiben Ribeira

Faiben, Fundación de Apoio á Infancia e o Benestar

G27713379

1, 5

BS413A 2018/31

Casa de Familia Faiben Rosalía de Castro

Faiben, Fundación de Apoio á Infancia e o Benestar

G27713379

1, 5

BS413A 2018/32

Centro Fogar Lar a Mercé

Comunidad Lar a Mercé

R1500260C

5

BS413A 2018/33

Fogar Nosa Sra. das Mercedes

Hermanas Mercedarias de la Caridad

R2701007C

1, 5

BS413A 2018/34

Centro de Día Dignidad 1 Lugo

Asoc. Dignidad Lugo

G27224088

4

BS413A 2018/40

Casa de Familia Dignidad Santiago

Asoc. Dignidad Lugo

G27224088

3, 4

BS413A 2018/41

Casa de Familia Arela Monforte

Arela Asoc.

G36846152

3, 4

BS413A 2018/42

Fogares e Apoio Lar Valdomiño

Hogares y Apoyo al Menor Lar

G32009607

3, 4

BS413A 2018/43

Fogares e Apoio Lar Cospeito (Muimenta)

Hogares y Apoyo al Menor Lar

G32009607

3, 4

BS413A 2018/44

Casa de Familia Faiben García Barbón

Faiben, Fundación de Apoio á Infancia e o Benestar

G27713379

1, 5

BS413A 2018/45

Casa de Familia Dignidad Perpetuo Socorro Lugo

Fundación Educativa e Social Dignidade

G27473677

4

Documentación que se require

1

Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias (AEAT)

2

Declaración responsable da antigüidade media do persoal educador do centro

3

Orzamento con IVE das obras menores

4

Orzamento con IVE dos equipamentos

5

Documentación acreditativa da representación suficiente para actuar en nome da entidade