Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2018 Páx. 46078

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas convocadas mediante a Resolución do 7 de setembro de 2018 para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2018 (ED114A).

Mediante a Resolución do 7 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocáronse as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2018 (ED114A) (DOG núm. 176, do 14 de setembro). Segundo o sinalado no seu punto terceiro, as probas terán lugar entre a segunda quincena de novembro e a primeira fin de semana de decembro de 2018, e serán debidamente publicitadas no Diario Oficial de Galicia e mais na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

De acordo con isto,w

RESOLVO:

Fixar as seguintes datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga) convocados mediante a Resolución do 7 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística:

– Celga 4: 17 de novembro de 2018.

– Celga 2: 24 de novembro de 2018.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2018

Valentín García Gómez
Secretario xeral de Política Lingüística