Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2018 Páx. 46100

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2310/2016-CBO).

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Social da Coruña

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 2310/2016-CBO

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 1043/2012. Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Recorrente: Ángel Somoza Hermo

Avogado: Xavier Castro Martínez

Recorrido: Fogasa

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no recurso de suplicación 2310/2016, seguido por instancia de Ángel Somoza Hermo e Ilunion Seguridad, S.A. contra Fogasa, Esabe Vigilancia, S.A. e Bubos Securitas, S.A., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza Sra. Bazarra Varela.

A Coruña, 26 de setembro de 2018.

O anterior escrito, subscrito pola letra Sra. Martínez Calderón de la Barca en nome e representación de Ilunion Seguridad, S.A., únese ao recurso da súa razón.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuños das sentenzas ditadas por esta sala, a que resolve este recurso, así como da ditada no RSU 262/2015 que se invocou como de contraste, e emprácense as demais partes para que comparezan mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo, dentro do prazo de dez días.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese que compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A. (antes Bubos Securitas, S.A.), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza