Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2018 Páx. 46102

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO (RSU 1844/2018).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1844/2018 desta sección, seguido por instancia de Jesús Crespo Fernández contra Mapfre Vida, S.A. de Seguros y Reaseguros sobre la Vida Humana, Granitos Martínez, S.A., Minorsa Minería Ornamental, S.A., Granitos González y Nogueiras, S.L., Armadilla, S.L., Canteras Villafría, S.L., Manuel Vaqueiro, S.L., Rocas de Porriño, S.L., Blokgandara, S.L., Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Esteban Oliveira González, Juan Carlos Valencia Leiros, Domingo González Vaqueiro, Granitos Gándaras, S.L., Granitos Salvaterra, C.B., Granitos Fernández y González, S.L., Usuvar Galicia, S.L., Weld Galicia, S.L.U., Avelino Muñoz Rodríguez, Serafín Santos Rodríguez, Fco. Lemos Romero, S.L., Roca Europeas de Construcción, S.A., Ana María Garcea Pérez, Extraga, S.L., La Unión e El Fénix Cía. de Seguros y Reaseguros, S.A., absorvida pola Cía. Allianz, Manuel Martínez Vila sobre outros dereitos Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Pilar Villar Pérez, en nome e representación de Manuel Martínez Vila, contra a sentenza de data vinte e tres de xuño de dous mil dezasete, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, en autos seguidos por instancia de Jesús Crespo Fernández fronte a Mapfre Vida, S.A. de Seguros y Reaseguros sobre la Vida Humana, Granitos Martínez, S.A., Minorsa Minería Ornamental, S.A., Granitos González y Nogueiras, S.L., Armadilla, S.L., Canteras Villafría, S.L., Manuel Vaqueiro, S.L., Rocas de Porriño, S.L., Blokgandara, S.L., Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Esteban Oliveira González, Juan Carlos Valencia Leiros, Domingo González Vaqueiro, Manuel Martínez Vila, Granitos Gándaras, S.L., Granitos Salvaterra C.B., Granitos Fernández y González, S.L., Usuvar Galicia, S.L., Weld Galicia, S.L.U., Avelino Muñoz Rodríguez, Serafín Santos Rodríguez, Francisco Lemos Romero, S.L., Roca Europeas de Construcción, S.A., Ana María García Perez, Extraga, S.L. e a Unión y El Fénix Cía. de Segurosy Reaseguros, S.A. absorvida pola Cía. Allianz, sobre outros dereitos de seguridade social-indemnización de danos e prexuízos, debemos confirmar e confirmamos a resolución recorrida, impoñendo ao recorrente as custas do recurso, que inclúen a cantidade de cincocentos cincuenta euros (550 euros), en concepto de honorarios de cada un dos letrados impugnantes do recurso.

Procede ordenar a perda do depósito efectuado e das cantidades consignadas para recorrer, aos que se dará o destino legal, unha vez que sexa firme esta sentenza.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en legal forma a Granitos González y Nogueiras, S.L., Rocas de Porriño, S.L., Esteban Oliveira González, Juan Carlos Valencia Leiros, Domingo González Vaqueiro, Granitos Gándaras, S.L., Granitos Salvaterra, C.B., Granitos Fernández y González, S.L., Usuvar Galicia, S.L., Weld Galicia, S.L.U., Roca Europeas de Construcción, S.A., Ana María Garcea Pérez, e Extraga, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 17 de setembro de 2018

A letrada da Administracion de xustiza