Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2018 Páx. 46105

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (506/2016).

Eu, Álvaro Garrido Rodríguez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, polo presente,

Anuncio:

Que no presente procedemento seguido neste xulgado baixo o número 506/16 por instancia de FCA Capital España Establecimiento Financiero de Crédito, S.A. contra Ysabel Castillo Vázquez e Starlin Puello Castillo, foi ditada a sentenza cuxo encabezamento e a parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Ana María Gómez Bande, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, os presentes autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade, seguidos ante este xulgado baixo o número 506 do ano 2016, por instancia de FCA Capital España Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., representado pola procuradora Sra. Sánchez Izquierdo e asistido da letrada Sra. Novoa Rodríguez en substitución do seu compañeiro o letrado Sr. Pastor Villarrubia, e como demandados Ysabel Castillo Vázquez e Starlin Puello Castillo, en situación de rebeldía procesual, constando nas actuacións as súas circunstancias persoais.

Decido:

Considerar a demanda interposta por FCA Capital España Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., representado pola procuradora Sra. Sánchez Izquierdo e asistido da letrada Sra. Novoa Rodríguez en substitución do seu compañeiro, o letrado Sr. Pastor Villarrubia, e como demandados Ysabel Castillo Vázquez e Starlin Puello Castillo, en situación de rebeldía procesual, e condeno os demandados a aboaren á demandante a cantidade de 9.067,89 euros máis os xuros, segundo o disposto no fundamento xurídico segundo in fine, e as custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes facéndolles saber que non é firme e contra ela se pode interpor recurso de apelación no prazo de 20 días, por escrito e expresando os motivos por que se recorre, ante a Audiencia Provincial de Ourense, de acordo coa disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose os demandados Ysabel Castillo Vázquez e Starlin Puello Castillo en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que lles sirva de notificación en forma.

Ourense, 21 de marzo de 2017

O letrado da Administración de xustiza