Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2018 Páx. 46107

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 8 de Vigo

EDICTO (922/2016).

Mª Luisa Represa Grarzo, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 8 de Vigo, fai saber que no procedemento de referencia se ditou a resolución do teor literal seguinte:

«Susana Álvarez García, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 8 de Vigo, viu os autos sinalados co nº 922/2016, seguidos polos trámites do xuízo ordinario por instancia de Santander Consumer, Establecimiento Financiero de Crédito, S.A, representado pola procuradora Araceli Barrientos Barrientos e asistida do letrado Luis Sanjiao García, contra Begoña Vidal Lorenzo, en rebeldía, e dita a seguinte

Resolución:

Que estimando a demanda formulada en autos de xuízo ordinario nº 922/2016 pola procuradora Araceli Barrientos Barrientos, en nome e representación de Santander Consumer, Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., contra Begoña Vidal Lorenzo, sobre incumprimento contractual, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de trece mil corenta e nove euros con sesenta e seis céntimos (13.049,66 euros), incrementada co xuro legal do diñeiro desde a data de presentación da demanda, e con imposición á demandada das custas procesuais causadas.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, do cal coñecerá a Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo de 20 días a partir da súa notificación (artigo 458.1 da LAC), logo de depósito da suma de 50 euros na conta de depósitos e consignacións do xulgado.

Únase esta resolución ao libro da súa clase e déixese testemuño nos autos.

Así, por esta miña sentenza, resolvendo en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo en Vigo o 21 de xullo de 2017».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Begoña Vidal Lorenzo, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 25 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza