Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2018 Páx. 46336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de San Pedro de Borrifáns (Oza-Cesuras-A Coruña) para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración parcelaria de San Pedro de Borrifáns (Oza-Cesuras-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia de varias resolucións que os afectan.

Así mesmo, este anuncio publicase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro do acto notificado mediante comparecencia nas dependencias desta Xefatura Territorial, sita na rúa Vicente Ferrer nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 4 de outubro de 2018

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

– Acto notificado: Resolución do 29.6.2018.

Interesados:

Pan García, Paula María.

Sánchez Suárez, Herminia.

Bermúdez Suárez, Aurelio.

Quindimil Pedreira, Carmen.

Quindimil Pedreira, Soledad.

López García, José Antonio.

– Acto notificado: Resolución do 11.7.2018.

Interesada: Otero García, María.

– Acto notificado: Resolución do 3.9.2018.

Interesados:

Mato Saavedra, Carmen.

Mato Saavedra, José A.

Quindimil Pedreira, Manuel.

Rodríguez Pérez, Víctor Hugo.

Rodríguez Pérez, Yara.