Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2018 Páx. 46338

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica aos interesados o requirimento de documentación relativo ao recoñecemento de titularidade de parcelas sitas na zona de reestruturación parcelaria de Romai (Portas-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser o seu enderezo descoñecido, notifícase ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural en Pontevedra (avenida de Victoria Moreno, núm. 43, 2º andar, Pontevedra) teléfono 986 80 50 94.

Pontevedra, 5 de outubro de 2018

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

458/17

Víctor Manuel Gómez Ortigueira

Requirimento de documentación

171/18

Sonia Martínez Fernández

Requirimento de documentación