Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2018 Páx. 46339

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 1 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-1010/2018-ORS e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-CO-1010/2018-ORS e un máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sita na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 1 de outubro de 2018

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Persoa interesada

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-1010/2018-ORS

César Seijas Pérez

76778717W

Inicio

Avda. do Rocío, 31, Outes

PSC-CO-1076/2018-PPM

Arturo Barrul Romero

47435758Y

Inicio

Conservera Celta, Ponte Pasaxe, A Coruña