Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2018 Páx. 46458

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016.

Unha vez recibido o informe proposta motivado da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, formulada mediante escrito do 5 de outubro, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, o tribunal nomeado pola Orde do 22 de maio de 2017 (DOG núm. 100, do 29 de maio), en sesión que tivo lugar o día 10 de outubro de 2018

ACORDOU:

Primeiro. Declarar aptas todas as persoas participantes no período de prácticas a que se refire a base III da convocatoria que figuran no anexo desta resolución e que foron nomeadas funcionarias en prácticas en virtude da Orde do 13 de xullo de 2018 da Consellería de Facenda (DOG núm. 139, do 20 de xullo).

A orde de prelación, que se recolle no anexo desta resolución, establécese de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 240, do 19 de decembro).

Segundo. Declarar do mesmo xeito apta no dito curso, e de acordo coa mesma proposta, a Raquel Carro Espada (46901012X), participante neste curso, que foi incorporada a este mediante a Resolución do 10 de abril de 2017, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, tras ter superado a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 18 de maio de 2015 para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas (DOG núm. 95, do 22 de maio).

A orde de prelación de Raquel Carro Espada será a que lle corresponda atendendo á puntuación obtida na fase de oposición, segundo o establecido no punto quinto da Resolución da Consellería de Facenda, do 20 de xullo de 2018, pola que se regula o período de prácticas das persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 240, do 19 de decembro).

Terceiro. Propoñer as persoas participantes relacionadas no anexo a que se refire o punto primeiro desta resolución para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira, de conformidade co disposto na normativa vixente.

Cuarto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2018

Pablo Leis Mol
Presidente do tribunal

ANEXO

Acceso libre

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

1

46901012X

Carro Espada, Raquel

2

47363630Y

Vázquez Pérez, Patricia Pilar

3

79315701V

Mourelle Ferreiro, Juan Carlos

4

33545314K

Piñeiro Muñoz, Luis

5

32824809Z

Prego Teira, Ramón

6

33546573S

Fernández Loureiro, David