Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2018 Páx. 46456

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016.

Unha vez recibido o informe proposta motivado da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, formulada mediante escrito do 5 de outubro de 2018, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, o tribunal nomeado pola Orde do 22 de maio de 2017 (DOG núm. 100, do 29 de maio), modificada pola Orde do 20 de febreiro de 2018 (DOG núm. 42, do 28 de febreiro), en sesión que tivo lugar o día 9 de outubro de 2018

ACORDOU:

Primeiro. Declarar aptas todas as persoas participantes no período de prácticas a que se refire a base III da convocatoria que figuran no anexo desta resolución e que foron nomeadas persoal funcionario en prácticas en virtude da Orde do 13 de xullo de 2018 da Consellería de Facenda (DOG núm. 139, do 20 de xullo).

A orde de prelación, que se recolle no anexo desta resolución, establécese de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 238, do 15 de decembro).

Segundo. Propoñer as persoas participantes relacionadas no anexo a que se refire o punto primeiro desta resolución para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira, de conformidade co disposto na normativa vixente.

Terceiro. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2018

Silvia Alfaya Portela
Presidenta do tribunal

ANEXO

Promoción interna

Nº de orde

NIF

Apelidos e nome

1

35312327J

Rodríguez Díaz, Juan José

Acceso libre

Nº de orde

NIF

Apelidos e nome

1

32708153Z

Gómez Sedes, Marta María

2

44825569H

Ramos Pena, Marta

3

34267041P

Alonso de Abel, Rebeca