Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2018 Páx. 46453

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 11 de outubro de 2018 pola que se convoca para a elección de destino definitivo o persoal funcionario que superou os procesos selectivos para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocados polas ordes do 16 de xullo de 2013, e do 18 de maio de 2015.

Polas ordes do 16 de xullo de 2013, e do 18 de maio de 2015 (DOG núm. 140, do 24 de xullo, e núm. 95, do 22 de maio, respectivamente), convocáronse procesos selectivos para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

Polas ordes do 19 de outubro de 2015 (DOG núm. 202, do 22 de outubro), e do 26 de xullo de 2017 (DOG núm. 145, do 1 de agosto), foron nomeadas persoal funcionario da dita escala e adxudicáronselles destinos provisionais ás persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas ordes do 16 de xullo de 2013, e do 18 de maio de 2015, respectivamente.

En atención a todo o exposto e segundo o disposto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e a Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar o persoal funcionario que figura nas ordes do 19 de outubro de 2015, e do 26 de xullo de 2017, e que se atopa en destino provisional por novo ingreso, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos núm. 2 da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), o día 24 de outubro de 2018, ás 10.30 horas.

Segundo. O persoal funcionario convocado poderá elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no respectivo proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

O persoal funcionario nomeado pola Orde do 19 de outubro de 2015 terá preferencia sobre o nomeado pola Orde do 26 de xullo de 2017.

Terceiro. O persoal funcionario deberá ir provisto de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderá ser representado por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. As persoas que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos as persoas presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Quinto. O persoal funcionario poderá solicitar ser declarado en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas, respectivamente, nos artigos 174 e 173.3.d) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

NÚM.

CÓDIGO DO POSTO

CONS.

DENOMINACIÓN

SUBGRUPO

NIVEL

CENTRO DIRECTIVO

CENTRO DESTINO

CONCELLO

1

FCA200000215770003

FC

XEFATURA DE EQUIPO

A1/A2

25

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA

ÁREA DE XESTIÓN TRIBUTARIA

SANTIAGO DE COMPOSTELA

2

FCA291000027001077

FC

XEFATURA DE EQUIPO

A1/A2

25

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA (SERVIZOS PERIFÉRICOS)

DELEGACIÓN LUGO

LUGO

3

FCA291000027001078

FC

XEFATURA DE EQUIPO

A1/A2

25

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA (SERVIZOS PERIFÉRICOS)

DELEGACIÓN LUGO

LUGO

4

FCA291000027001079

FC

XEFATURA DE EQUIPO

A1/A2

25

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA (SERVIZOS PERIFÉRICOS)

DELEGACIÓN LUGO

LUGO

5

FCA291000036001110

FC

XEFATURA DE EQUIPO

A1/A2

25

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA (SERVIZOS PERIFÉRICOS)

DELEGACIÓN PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

6

FCC030000215770037

FC

XEFATURA DE SECCIÓN

A1/A2

25

INTERVENCIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTÓNOMA

S. X. DE CONTABILIDADE

SANTIAGO DE COMPOSTELA

7

FCC030000415770026

FC

TÉCNICO/A DE AUDITORÍA

A1/A2

25

INTERVENCIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTÓNOMA

S. X. DE CONTROL FINANCEIRO PERMANENTE E AUDITORÍA DO SECTOR PÚBLICO

SANTIAGO DE COMPOSTELA

8

FCC030001215770013

FC

XEFATURA SECCIÓN

A1/A2

25

INTERVENCIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTÓNOMA

INTERVENCIÓN DELEGADA DA CONSELLERÍA DE FACENDA

SANTIAGO DE COMPOSTELA

9

FCC040000415770008

FC

ANALISTA DE CUSTOS DE PERSOAL II

A1/A2

25

DIRECCIÓN XERAL DE PLANIFICACIÓN E ORZAMENTOS

S. X. DE CUSTOS DE PERSOAL

SANTIAGO DE COMPOSTELA

10

FCC050000615770003

FC

XEFATURA SECCIÓN

A1/A2/C1

25

DIRECCIÓN XERAL DE POLÍTICA FINANCEIRA, TESOURO E FONDOS EUROPEOS

SUBDIRECCIÓN XERAL DE SEGUIMENTO E CONTROL DOS FONDOS COMUNITARIOS

SANTIAGO DE COMPOSTELA