Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2018 Páx. 46450

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 11 de outubro de 2018 pola que se convoca para a elección de destino definitivo o persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 18 de maio de 2015.

Pola Orde do 18 de maio de 2015 (DOG núm. 95, do 22 de maio), convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Pola Orde do 26 de xullo de 2017 (DOG núm. 145, do 1 de agosto), foron nomeados persoal funcionario da dita escala e adxudicáronselles destinos provisionais ás persoas que superaron o proceso selectivo.

Por todo o exposto e segundo o disposto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e a Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar o persoal funcionario que figura na Orde do 26 de xullo de 2017 e que se atopa en destino provisional por novo ingreso, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos núm. 2 da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), o día 24 de outubro de 2018, ás 10.00 horas.

Segundo. O persoal funcionario convocado poderá elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Terceiro. O persoal funcionario deberá ir provisto de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representadas por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. As persoas que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas presentes ou representadas, entre as que quedaran sen adxudicar.

Quinto. O persoal funcionario poderá solicitar ser declarado en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas, respectivamente, nos artigos 174 e 173.3.d) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

NÚM.

CÓDIGO DO POSTO

CONS.

DENOMINACIÓN

SUBGRUPO

NIVEL

CENTRO DIRECTIVO

CENTRO DESTINO

CONCELLO

1

FCA291000032001130

FC

XEFATURA UNIDADE DE INSPECCIÓN

A1

26

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA (SERVIZOS PERIFÉRICOS)

DELEGACIÓN OURENSE

OURENSE

2

FCC040000015770002

FC

TÉCNICO/A FINANCEIRO/A

A1/A2

25

DIRECCIÓN XERAL DE PLANIFICACIÓN E ORZAMENTOS

D. X. DE PLANIFICACIÓN E ORZAMENTOS

SANTIAGO DE COMPOSTELA