Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Anca VI e da concesión administrativa que a ampara, resulta:
a) Antecedentes.
Primeiro. Mediante escrito do 7 de xuño de 2018, Rosa Galbán Rodríguez, en representación da comunidade de herdeiros de Dolores Rodríguez Figueira, que faleceu o 11.10.2017, solicita autorización para transmisión mortis causa do 50 % da concesión administrativa e da batea Anca VI.
Segundo. A solicitante presenta toda a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.
b) Consideracións legais e técnicas.
Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.
Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).
Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión mortis causa do 50 %, a favor de Rosa Galbán Rodríguez (78782387G), María Elena Galbán Rodríguez (33283509W) e José Manuel Galbán Rodríguez (76968403F) da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir.
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Anca VI.
Situación:
Cuadrícula nº: 263.
Polígono: E.
Distrito: Caramiñal (A Coruña).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título administrativo habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 20.5.1964.
Remate da vixencia: 15.12.2019.
Actuais titulares: Dolores Rodríguez Figueira (76466984B) 3/6 privativos, Rosa Galbán Rodríguez (78782387G) 1/6 privativo, María Elena Galbán Rodríguez (33283509W) 1/6 privativo e José Manuel Galbán Rodríguez (76968403F) 1/6 privativo.
Novos titulares: Rosa Galbán Rodríguez (78782387G) 2/6 privativo, María Elena Galbán Rodríguez (33283509W) 2/6 privativo e José Manuel Galbán Rodríguez (76968403F) 2/6 privativo.
Os novos titulares da concesión administrativa subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común nas administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Coruña, 19 de setembro de 2018
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Por delegación de sinatura (Resolución do 11.10.2017)
María José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños