Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2018 Páx. 46621

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2018 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Edificación Sostible.

O máster universitario en Edificación Sostible obtivo a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, previo informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación. Por Acordo do Consello de Ministros do 29 de setembro de 2017 estableceuse o carácter oficial do título e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) (publicado no Boletín Oficial del Estado, BOE, do 24 de outubro, por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 13 de outubro de 2017).

Polo exposto, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Edificación Sostible pola Universidade da Coruña, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 9 de outubro de 2018

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario
en Edificación Sostible pola Universidade da Coruña

Plan de estudos que se inicia no curso 2017/18.

Código RUCT: 4316318.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, punto 5.1).

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Enxeñaría e Arquitectura.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….……………...………

Optativas (OP)…..……….………………………

Traballo fin de máster (TFM)…...…………..…

Total……………………………………………….

42

12

6

60

3. Especialidades do título:

– Certificación da Sostibilidade da Edificación.

– Certificación da Verificación Estrutural da Edificación.

– Auditoría e Certificación Enerxética da Edificación.

É posible obter o título sen elixir unha das especialidades. Os 12 créditos optativos escolleranse entre o total da oferta de materias optativas.

4. Contido do plan de estudos.

Módulo/especialidade

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Materias obrigatorias

Sistemas de Xestión Medioambiental

OB

3

Análise de Ciclo de Vida

OB

3

Materiais Construtivos Innovadores e Eficientes

OB

3

Introdución ao TFM: Metodoloxía e Planificación da Investigación

OB

3

Sistemas Construtivos Avanzados

OB

3

Xestión Avanzada de Información en Edificación: SIG e BIM

OB

3

Tecnoloxías Avanzadas de Representación Gráfica en Edificación

OB

3

Principios da Avaliación e a Certificación da Sostibilidade na Edificación

OB

3

Estruturas Ecoeficientes

OB

3

Estratexias Construtivas en Arquitectura Pasiva e Bioclimática

OB

3

Sistemas e Instalacións Baseadas en Enerxías Renovables e Microcoxeración

OB

3

Técnicas de Montaxe e Integración dos Sistemas de Enerxías Renovables

OB

3

Estratexias Sostibles con Solucións Construtivas Tradicionais

OB

3

Smart Cities. Tecnoloxías Emerxentes para Cidades Sostibles

OB

3

Especialidade 1: Certificación da Sostibilidade da Edificación

Metodoloxías de Certificación de Sostibilidade na Edificación (Breeam, Leed, Verde)

OP

3

Metodoloxías de Certificación de Sostibilidade na Edificación (Passivhaus)

OP

3

Demolición Selectiva e Xestión de Residuos (RCD). Chans Contaminados

OP

3

Certificación da Calidade Acústica e Proxectos Acústicos na Edificación

OP

3

Especialidade 2:

Certificación da Verificación Estrutural da Edificación

Fiabilidade Estrutural: principios básicos

OP

3

Verificación de Estruturas Existentes

OP

3

Estruturas de Madeira e Derivados

OP

3

Tecnoloxías Estruturais Ecoeficientes e Métodos de Cálculo

OP

3

Especialidade 3:

Auditoría e Certificación Enerxética da Edificación

Auditoría Enerxética e Avaliación da Eficiencia na Edificación I: Uso Residencial e Pequeno Terciario

OP

3

Auditoría Enerxética e Avaliación da Eficiencia na Edificación II: Gran Terciario

OP

3

Técnicas de Aforro e Uso Eficiente da Enerxía nos Edificios: Rehabilitación Enerxética

OP

3

Técnicas de Acondicionamento e Certificación IAQ da Calidade Ambiental Interior na Edificación

OP

3

Traballo fin de máster

Traballo fin de máster

TFM

6

A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral e en cada curso existe un equilibrio de créditos entre o 1º e o 2º cuadrimestre, que deberá ser respectado no caso de producirse unha modificación da organización temporal das materias.

5. Condicións de terminación.

O alumnado, para obter o título de máster universitario en Edificación Sostible, deberá superar 60 créditos ECTS distribuídos como se indica no punto 2.