Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2018 Páx. 46618

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2018 pola que se modifica a Resolución do 31 de agosto de 2018 pola que se modifican os prazos de xustificación establecidos no artigo 26 da Resolución do 28 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, e se convocan para o ano 2018.

O 22 de xuño de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 28 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, e se convocan para o ano 2018.

O artigo 26.2 da Resolución do 28 de maio de 2018 establecía os seguintes prazos de xustificación:

Prazos de presentación da documentación:

Ano 2018

Ata o 10 de outubro de 2018

Ano 2019

Ata o 10 de outubro de 2019

Ano 2020

Ata o 10 de outubro de 2020

Ano 2021

Ata o 10 de outubro de 2021

Períodos de realización de gastos (emisión de facturas) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Ano 2018

Desde a data de sinatura do acordo de consolidación da unidade mixta (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude de axuda) ata o 30 de setembro de 2018

Ano 2019

Desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019

Ano 2020

Desde o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020

Ano 2021

Desde o 1 de outubro de 2020 ata o 30 de setembro de 2021

O 6 de setembro de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 31 de agosto de 2018 pola que se modifican os prazos de xustificación establecidos no artigo 26 da Resolución do 28 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, e se convocan para o ano 2018.

O artigo único da Resolución do 31 de agosto de 2018 establecía os seguintes prazos de xustificación:

Prazos de presentación da documentación:

Ano 2018

Ata o 2 de novembro de 2018

Ano 2019

Ata o 10 de outubro de 2019

Ano 2020

Ata o 10 de outubro de 2020

Ano 2021

Ata o 10 de outubro de 2021

Períodos de realización de gastos (emisión de facturas) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Ano 2018

Desde a data de sinatura do acordo de consolidación da unidade mixta (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude de axuda) ata o 31 de outubro de 2018

Ano 2019

Desde o 1 de novembro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019

Ano 2020

Desde o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020

Ano 2021

Desde o 1 de outubro de 2020 ata o 30 de setembro de 2021

Tendo en conta a demora na resolución das ditas axudas, motivada pola complexidade das solicitudes presentadas e polo seu proceso de avaliación, e co fin de viabilizar os procesos de execución e xustificación das axudas concedidas para o ano 2018 por parte dos beneficiarios resultantes, e dado que non causa prexuízo a terceiros, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación para o ano 2018 establecido no artigo único da Resolución do 31 de agosto de 2018.

En consecuencia, no exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación do artigo único da Resolución do 31 de agosto de 2018 pola que se modifican os prazos de xustificación establecidos no artigo 26 da Resolución do 28 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, e se convocan para o ano 2018

Queda redactado do seguinte xeito:

Prazos de presentación da documentación:

Ano 2018

Ata o 3 de decembro de 2018

Ano 2019

Ata o 10 de outubro de 2019

Ano 2020

Ata o 10 de outubro de 2020

Ano 2021

Ata o 10 de outubro de 2021

Períodos de realización de gastos (emisión de facturas) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Ano 2018

Desde a data de sinatura do acordo de consolidación da unidade mixta (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude de axuda) ata o 30 de novembro de 2018

Ano 2019

Desde o 1 de decembro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019

Ano 2020

Desde o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020

Ano 2021

Desde o 1 de outubro de 2020 ata o 30 de setembro de 2021

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2018

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación