Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2018 Páx. 46857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican as resolucións do 8 de febreiro e do 13 de xullo de 2018, ditadas pola secretaria xeral técnica, por delegación da conselleira do Medio Rural, da zona de concentración parcelaria de San Tomé (Cartelle-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentada a notificación por correo certificado aos interesados citados no anexo sen que fose posible, notificánselle por medio deste anuncio as resolucións ditadas no correspondente expediente.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interporen recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 8 de outubro de 2018

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Destinatario: Alfonso Rodríguez Rodríguez.

Acto notificado: Resolución do 8 de febreiro de 2018 do recurso de alzada contra as bases definitivas da concentración parcelaria de San Tomé (Cartelle-Ourense).

Destinatario: José Aurelio Álvarez Cacheiro.

Acto notificado: Resolución do 13 de xullo de 2018 do recurso de alzada contra as bases definitivas da concentración parcelaria de San Tomé (Cartelle-Ourense).

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.