Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2018 Páx. 46835

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (1088/2017).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento 1088/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ismael Esmorís Brandon foi ditada sentenza do 28.9.2018 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, facendo saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ganadería Recebes, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia de resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de outubro de 2018

O letrado da Administración de xustiza