Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2018 Páx. 46834

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de resolución (613/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 613/16 deste xulgado do social, seguido por instancia de Hermitas García Costoya contra a empresa Comedores de Obras Móviles, S.L., sobre ordinario, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Parte dispositiva.

Acordo:

– Ter por desistida Hermitas García Costoya da súa demanda contra Comedores de Obras Móviles, S.L.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución».

E para que sirva de notificación en legal forma a Comedores de Obras Móviles, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 2 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza