Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2018 Páx. 46830

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1334/2017).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, fago saber que no presente procedemento de modificación de medidas seguido por instancia de César Barreiro Piñeiro fronte a Mabel Haydee Messina, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 99.

Vigo, 8 de marzo de 2018.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 1334/2017, sobre disolución do matrimonio por divorcio, en que actúa como demandante César Barreiro Piñeiro, representado pola procuradora dos tribunais Vanesa Núñez Martínez e con asistencia letrada de Mónica López González, contra Mabel Haydee Messina, declarada en situación de rebeldía procesual, con base nos seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro. Procedente da oficina de repartición tivo entrada neste xulgado demanda de disolución matrimonial por causa de divorcio, subscrita pola procuradora dos tribunais Vanesa Núñez Martínez, que actúa na indicada representación, e contra a demandada que figura no encabezamento, en que, despois de expor os feitos e fundamentos de dereito en que fundamentaba a súa pretensión e que constan no escrito da demanda, finalizaba suplicando ao xulgado que ditase sentenza nos termos establecidos no suplico da demanda.

Segundo. Admitida a trámite a demanda, deuse traslado á demandada, que foi emprazada para que no prazo de vinte días comparecese e contestase a demanda en legal forma.

Ao non comparecer a parte demandada, foi declarada en situación de rebeldía procesual e convocáronse as partes á celebración da correspondente vista, a cal tivo lugar o día 8 de marzo de 2018.

Terceiro. No acto da vista, a parte demandante ratificouse no seu escrito de demanda, solicitando os medios de proba que considerou convenientes; admitida e declarada pertinente a que se considerou oportuna, practicouse co resultado que consta nos autos, deuse por terminada a vista e quedaron as actuacións concluídas para ditar sentenza.

Cuarto. Na tramitación deste xuízo observáronse os termos e prescricións legais.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Queda acreditado en autos que os cónxuxes, César Barreiro Piñeiro e Mabel Haydee Messina, contraeron matrimonio civil en El Palomar, Buenos Aires (Arxentina), o día 24 de xaneiro de 1979, ao terse presentado nos autos certificación literal da inscrición de matrimonio. Deste matrimonio naceu unha filla chamada Noelia Soledad, o día 7 de abril de 1981, como acredita a certificación da inscrición de nacemento achegada.

Con data do 24 de outubro de 2017 ten entrada no Decanato dos xulgados de Vigo a presente demanda de divorcio, que dá orixe a este procedemento.

Segundo. O artigo 85 do Código civil establece que o matrimonio se disolve, sexa cal sexa a forma e o tempo da súa celebración, entre outras causas, por divorcio. Pola súa parte, o artigo 86 do mesmo corpo legal dispón que se decretará xudicialmente o divorcio, calquera que sexa a forma de celebración do matrimonio, por petición dun só dos cónxuxes, de ambos ou dun co consentimento do outro, cando concorran os requisitos e as circunstancias exixidos no artigo 81, que pola súa vez parte como criterio xeral do transcurso de tres meses desde a celebración do matrimonio para poder exercer a acción.

Do actuado no presente xuízo, a través da proba documental achegada, consta acreditada a concorrencia dos requisitos e das circunstancias a que fai referencia o artigo 86 do Código civil, pois o demandante solicitou o divorcio na súa demanda e transcorreron tres meses desde a celebración do matrimonio.

Por iso, ao cumprírense os requisitos legais, procede acceder ao solicitado e decretar o divorcio pretendido, de conformidade co disposto nos artigos 86, en relación co establecido no artigo 81, ambos do Código civil, e 770 da Lei de axuizamento civil, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración.

Terceiro. Co fin de determinar os efectos do divorcio, de conformidade co disposto nos artigos 91 e seguintes do Código civil, nada procede acordar á parte dos legalmente inherentes á disolución matrimonial por divorcio.

Cuarto. Atendida a natureza da pretensión, e sendo necesario este procedemento para decretar o divorcio, non se fai especial imposición de custas.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Resolución.

Estimo a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Núñez Martínez, en nome e representación de César Barreiro Piñeiro, contra Mabel Haydee Messina, declarada en situación de rebeldía, e declaro disuelto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración.

Non se fai especial imposición en canto ás custas.

En canto sexa firme esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, e déixese constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación. Recurso de apelación no prazo de vinte dias desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banco de Santander na conta deste expediente 3632 0000 00 1334 17 consignando, no campo “concepto” a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións, a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así, por esta miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar a dita demandada, Mabel Haydee Messina, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 2 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza