Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2018 Páx. 46911

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2018, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se publican as axudas concedidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 22 da Resolución do 19 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 9, do 12 de xaneiro), procédese á publicación no anexo das empresas beneficiarias.

Estas axudas fináncianse con cargo ás aplicacións orzamentarias 04.20.151A.470.0 e 04.20.461A.470.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2018

Mª del Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios

ANEXO

NIF

Beneficiario/a

Publicación

Importe (€)

************

Adelaida Domínguez Mariño

Xornal Galicia Sur Ourense

7.082,24

************

Ana Conde Miranda

Teovivo

8.695,89

B70077995

Arrincamos, S.L.

Sprint Motor

8.621,40

A15575574

Atlántica de Información e Comunicación de Galicia, S.A.

Tempos Novos

8.597,61

B36979920

Ediciones Edisport, S.L.L.

A Louriña

8.147,10

B36979920

Ediciones Edisport, S.L.L.

Vigo Deportivo

8.354,00

B36979920

Ediciones Edisport, S.L.L.

O Salnés

8.333,06

B27825595

Edicións Mide, S.L.

A Nova Peneira

5.920,00

B27825595

Edicións Mide, S.L.

Hermes&Atenea

5.287,00

B94123650

Editorial Novas do Eixo Atlántico, S.L.

Novas do Eixo Atlántico

7.290,92

B94123650

Editorial Novas do Eixo Atlántico, S.L.

O Farelo

6.108,00

B32215329

Garherve, S.L.

O Sil ano 2000

9.615,80

B32215329

Garherve, S.L.

O Sil Deportivo

9.615,80

B15919947

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Código Cero

8.656,29

B94020716

Grupo Distribuciones Asesor Marketing Publicitario, S.L.

Xornal Galicia Sur Pontevedra

11.928,13

************

Manuel Núñez Fiuza

O Periódico de Lalín

8.902,12

B36344430

Publicidade Terceiro Milenio, S.L.U.

Xornal 21

9.595,18

A70301510

Sermos Galiza, S.A.

Sermos Galiza

35.000,00

B94071545

Xornal Galicia Norte A Coruña, S.L.

Xornal Galicia Norte A Coruña

10.024,97