Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2018 Páx. 47015

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 28 de marzo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

Conforme o establecido no artigo 25 da Orde do 28 de marzo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas por resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 13 de xuño de 2018, de conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 28 de marzo de 2018 (DOG núm. 73, do 16 de abril) para a execución de:

– 5 proxectos de acción humanitaria no exterior para executar polas organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD), por un importe global de trescentos mil euros (300.000,00 €), nas contías, beneficiarios e finalidade, que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2018

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior.

Nº de expediente

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total

Subvención concedida

PR 811A 2018/8

Asamblea de Cooperación por la Paz

Prever e mitigar o impacto de riscos humanitarios e as crises asociadas con violacións de DIH/DIDH sobre os dereitos e a dignidade de 2.258 persoas (1.075 mulleres/nenas, 1.183 homes/nenos) da comunidade de Rafat, Zona C, Salfit, Cisxordania, Palestina

63.576,00

60.376,00

PR 811A 2018/1

Farmacéuticos Mundi

Saúde e DSR: protección e promoción do dereito á saúde e os DSR de VVS, mulleres e menores en situación de desprazamento a consecuencia do recrudecemento do conflito en RDC

52.582,35

49.949,00

PR 811A 2018/5

Médicos del Mundo

Asistencia e protección de nenos menores de 5 anos contra a desnutrición aguda nos distritos de saúde de Djibo na rexión de Dori, Sahel-Burkina Faso

76.265,65

70.000,00

PR 811A 2018/6

Fundación Entreculturas Fe y Alegría

Garantir o acceso a unha educación de calidade e a un contorno comunitario pacífico e protexido na localidade de Bambari, República Centroafricana

73.752,05

49.689,00

PR 811A 2018/3

Fundación Unicef-Comité Galicia

Redución da incidencia do cólera en Haití

120.000,00

69.986,00

Total convocatoria

386.176,05

300.000,00