Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2018 Páx. 47012

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 11 de abril de 2018, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento, e se procede á súa convocatoria.

Conforme o establecido no artigo 25 da Orde do 11 de abril de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento e se procede á súa convocatoria, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas por resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 19 de xullo de 2018, de conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 11 de abril de 2018 (DOG núm. 79, do 24 de abril) para a execución de:

– 13 proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global a executar polas organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD), por un importe global de un catrocentos corenta e nove mil oito euros con cincuenta e cinco céntimos (449.008,55 €), nas contías, beneficiarios e finalidade, que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2018

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Axudas para proxectos de educación para o desenvolvemento

e a cidadanía global

Nº expte.

Entidade solicitante

Denominación proxecto

Orzamento total

Subvención concedida

Total

Ano 2018

Ano 2019

2018/15

Asociación ONG de Cooperación ao Desenvolvemento Galega de Reporteiros Solidarios-Agareso

Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado e do profesorado de secundaria de Ames, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Vilagarcía de Arousa

37.615,40

34.460,40

13.784,16

20.676,24

2018/16

Asamblea de Cooperación por la Paz agrupada con Agareso

Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego

47.830,00

45.000,00

18.000,00

27.000,00

2018/4

Fundación Entreculturas Fé y Alegría

Rede Solidaria da Mocidade: cidadanía global, empoderamento e participación para o cambio social dos grupos solidarios no curso 2018/19

42.020,00

35.000,00

14.000,00

21.000,00

2018/6

Amigos da Terra Galicia-Xuventude

Tecendo redes: promovendo a agricultura e a alimentación sustentables en Galicia

32.930,00

31.030,00

12.412,00

18.618,00

2018/13

Arquitectura sin Fronteras agrupada coa Universidade da Coruña

Proxecto de difusión do dereito ao hábitat desde un enfoque transdisciplinar e de xénero a través da formación e sensibilización de axentes multiplicadores clave e alumnado de secundaria na cidade da Coruña

56.900,00

43.850,00

17.540,00

26.310,00

2018/19

Solidariedade Internacional de Galicia agrupada coa Universidade da Coruña (Facultade de CC. da Educación)

Investigando no territorio para coñecer e recoñecer os centros educativos que traballan educación para o desenvolvemento e cidadanía global en Galicia

40.528,25

37.374,25

14.949,70

22.424,55

2018/17

Ecos do Sur

CibeRespect II

42.864,76

34.950,56

13.980,22

20.970,34

2018/18

Solidariedade Internacional de Galicia

Horizonte 2030: construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora. Segunda fase; da aprendizaxe á acción e máis

34.490,50

31.018,50

12.407,40

18.611,10

2018/22

Fundación Ayuda en Acción agrupada coa Fundación Entreculturas, Fe y Alegría, coa Fundación Educación e Cooperación-Educo e coa Fundación Taller de Solidaridad

Campaña mundial pola educación 2019 en Galicia

17.505,00

16.605,00

6.642,00

9.963,00

2018/7

Fundación Intered

Comunidades educativas transformadoras desde a ética dos coidados por unha cidadanía local e global II

38.261,34

34.941,34

13.976,54

20.964,80

2018/12

Fundación Taller de Solidaridad

Entreno conciencia: Deporte, Comercio Xusto e consumo responsable comparten valores en Galicia. Fase II

40.885,61

34.780,58

13.912,23

20.868,35

2018/21

Farmacéuticos Mundi

Da reflexión á acción a través da aprendizaxe-servizo solidario. Sensibilización da comunidade universitaria galega en materia de DD.HH., saúde global e equidade de xénero desde o videoactivismo e o teatro social

37.352,72

34.997,92

13.999,17

20.998,75

2018/8

Manos Unidas

Fame cero: sensibilización cidadá e formación, participación e mobilización educativa polo dereito humano á alimentación no marco dos ODS. Fase I

46.700,00

35.000,00

14.000,00

21.000,00

Total

449.008,55

179.603,42

269.405,13