Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2018 Páx. 47006

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, e se procede á súa convocatoria.

Conforme o establecido no artigo 24 da Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación e se procede á súa convocatoria, unha vez ultimada a concesión de axudas publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía, país de execución do proxecto e finalidade.

De acordo co establecido no artigo único do punto 3 desta orde, as cantidades inicialmente asignadas a cada aplicación orzamentaria do capítulo IV e do capítulo VII por cada liña de subvención teñen carácter estimativo e a súa determinación definitiva será a que resulte das resolucións de concesión que se diten ao abeiro desta orde.

Con base no informe da comisión avaliadora recollido na acta de data 9 de abril de 2018 e de acordo co sinalado no citado artigo único do punto 3 da orde da convocatoria, realizáronse as preceptivas modificacións orzamentarias e autorizouse polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 9 de maio, o incremento na dotación da anualidade do capítulo IV para o ano 2019. A modificación na distribución entre créditos orzamentarios foi publicada no Diario Oficial de Galicia, núm. 106, do 5 de xuño.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas por Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 11 de xuño de 2018, de conformidade coa disposición adicional terceira da orde do 18 de decembro de 2017 (DOG núm. 6, do 9 de xaneiro) para a execución de:

– 15 proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior a executar polas organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD), por un importe global de dous millóns seiscentos setenta e nove mil cento noventa e sete euros (2.679.197,00 €), nas contías, beneficiarios, finalidade, país de execución e aplicacións orzamentarias que se relacionan no anexo I desta resolución.

– 4 proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior a executar polos outros axentes de cooperación (universidades, sindicatos, empresas ou organizacións empresariais e comunidades galegas no exterior) por un importe global de cincocentos sesenta e oito mil novecentos noventa e seis euros con cincuenta céntimos (568.996,50 €), nas contías, beneficiarios, finalidade, país de execución e aplicacións orzamentarias que se relacionan no anexo II desta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2018

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO I

Capítulo I: axudas para proxectos de cooperación no exterior das ONGD

Nº de expte.

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total

Subvención concedida

Total

Anualidade 2018

Anualidade 2019

Capítulo IV

Capítulo VII

Total 2018

Capítulo IV

Capítulo VII

Total 2019

2018/51

Asamblea de Cooperación por la Paz agrupada coa Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso)

Fortalecer os mecanismos de participación cidadá e acceso a servicios públicos de saúde de calidade, especialmente da sexual e reprodutiva, no municipio de Jiquilisco, Bajo Lempa, El Salvador.

199.041,87

183.096,00

67.131,70

6.106,70

73.238,40

107.008,20

2.849,40

109.857,60

2018/26

Fundación Ayuda en Acción

Empoderamento social e económico das mulleres rurais de 3 municipios do corredor seco Madriz/Nicaragua.

194.922,00

175.000,00

54.208,00

15.792,00

70.000,00

73.707,00

31.293,00

105.000,00

2018/23

Arquitectura sin Fronteras

Mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala, con énfase nas mulleres viúvas ou solteiras, a través dun proceso colaborativo entre comunidades, autoridades municipais, organizacións sociais e cooperativas. Fase 5. Guatemala,

213.940,38

174.995,00

44.903,00

25.095,00

69.998,00

61.317,00

43.680,00

104.997,00

2018/47

Asamblea de Cooperación por la Paz agrupada coa Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso)

Mellora das condicións de habitabilidade e das capacidades comunitarias para prever e mitigar riscos ante desastres e vulneracións dereitos de 1.319 persoas (393 mulleres, 268 nenas, 382 homes e 276 nenos) das comunidades de La Balsa, La Cubana e Olivares, municipio de Ramón Santana, provincia de San Pedro de Macorís, República Dominicana.

234.885,44

200.600,00

52.460,47

27.779,53

80.240,00

78.690,71

41.669,29

120.360,00

2018/25

Enxeñería sen Fronteiras Galicia agrupada coa Universidade da Coruña

Fortalecemento das capacidades municipais e de organizacións de base para a planificación e xestión pública de calidade da compoñente auga e saneamento nos 7 municipios da Mancomunidade Nasmar, Honduras.

275.335,18

225.000,00

88.725,93

1.274,07

90.000,00

118.370,37

16.629,63

135.000,00

2018/24

Arquitectura sin Fronteras agrupada con Proyde

Mellora da calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero, para a garantía dos dereitos da nenez e a xuventude rural de 8 comunidades do municipio de Champerico (Guatemala)-Fase VI.

256.154,76

224.950,00

47.644,34

42.335,66

89.980,00

98.388,16

36.581,84

134.970,00

2018/49

Fundación Balms para la Infancia

Participación social no sistema educativo do Barrio Santa Lucía a través da xeración de capacidades nos titulares de dereitos, responsabilidades e obrigacións para unha educación inclusiva e de calidade en Santa Lucía, Santiago de los Caballeros, asociado ao Programa de melloramento do barrio Santa Lucía IDI República Dominicana-Fase II.

203.653,23

174.954,00

65.903,30

4.078,30

69.981,60

98.855,00

6.117,40

104.972,40

2018/37

Fundación Educación y Cooperación (Educo)

Mellora das capacidades produtivas, políticas e organizativas de mulleres maya-kiqués-Guatemala.

198.199,18

175.000,00

55.979,40

14.020,60

70.000,00

101.236,30

3.763,70

105.000,00

2018/27

Farmacéuticos Mundi

Fortalecemento dos DESCA de mulleres, nenas e nenos Q’anjob’al do municipio de San Pedro Soloma no Depto. de Huehuetenango (Guatemala): dereito a unha saúde e unha alimentación adecuada, sostible, con pertinencia cultural e enfoque de xénero. Guatemala.

194.998,66

174.998,00

62.412,50

7.586,70

69.999,20

80.446,80

24.552,00

104.998,80

2018/18

Fundación Intered

Polo dereito das mulleres a unha vida libre de violencias, no municipio de San Juan Sacatepéquez. Guatemala.

184.340,11

174.953,00

59.486,10

10.495,10

69.981,20

104.171,80

800,00

104.971,80

2018/10

AIDA, Ayuda Intercambio y Desarrollo

Educación básica de calidade e equitativa, e loita contra as prácticas nefastas e a explotación infantil na zona fronteiriza do NE de Guinea Bissau.

205.542,12

175.000,00

60.422,00

9.578,00

70.000,00

85.704,94

19.295,06

105.000,00

2018/39

Enxeñería sen Fronteiras Galicia

Mellora do acceso equitativo de mulleres e mozos a recursos económicos do sur de Honduras. Fase 1, Proxecto de mellora de capacidades de organizacións e municipios.

199.028,08

175.000,00

59.390,37

10.609,63

70.000,00

90.166,67

14.833,33

105.000,00

2018/43

Fundación Taller de Solidaridad

Mozos construtores: fortalecemento das capacidades técnicas, organizativas, económicas, innovadoras e sostibles de mulleres e homes mozos rurais dos municipios de Somoto, Totogalpa e Las Sabanas do departamento de Madriz, Nicaragua.

171.270,09

136.707,00

38.731,40

15.951,40

54.682,80

75.310,00

6.714,20

82.024,20

2018/46

Fundación Taller de Solidaridad

Proxecto de transformación para o desenvolvemento do emprendemento e autoemprego de mulleres produtoras agroecolóxicas do municipio de Huitán, Quetzaltenango, Guatemala-«qya b’ant b’e (muller facendo camiño)».

292.654,00

137.850,00

33.270,00

21.870,00

55.140,00

70.365,00

12.345,00

82.710,00

2018/20

Solidariedade Internacional de Galicia agrupada con Sólida e con Solidariedade Galega

Fortalecendo autonomía física, económica e política, desde o enfoque de medios de vida sostibles para mozos e mulleres rurais e indíxenas superviventes de violencias, en 6 municipios de Nueva Segovia. Nicaragua

192.046,85

171.094,00

65.004,25

3.433,35

68.437,60

97.423,34

5.233,06

102.656,40

TOTAL

3.216.011,95

2.679.197,00

855.672,76

216.006,04

1.071.678,80

1.341.161,29

266.356,91

1.607.518,20

ANEXO II

Capítulo I: axudas para proxectos de cooperación no exterior doutros axentes de cooperación

Nº de expte.

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total

Subvención concedida

Total

Anualidade 2018

Anualidade 2019

Capítulo IV

Capítulo VII

Total 2018

Capítulo IV

Capítulo VII

Total 2019

2018/5

Fundación Galicia Innova

Progebosque (Programa de xestión económica de produtos orgánicos e aseguramento alimentario en comunidades que habitan zonas de bosque na subcuenca do río Chipilico, na rexión de Piura-Perú).

174.356,50

156.916,00

52.466,40

10.300,00

62.766,40

82.949,60

11.200,00

94.149,60

2018/12

Innovación, Cooperación, Cartografía e Territorio (Icarto)

Fortalecemento das capacidades técnicas da Direcção Nacional de Gestão de Recursos Hídricos e das administracións rexionais de auga no ámbito dos SIX, da hidroxeoloxía e hidroloxía. Fase VI. Mozambique.

179.445,00

154.287,00

61.714,80

-----

61.714,80

90.987,20

1.585,00

92.572,20

2018/34

Fundación Mujeres

Mulleres salvadoreñas avanzando cara o cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia. El Salvador.

186.443,18

173.529,00

68.586,60

825,00

69.411,60

104.117,40

-----

104.117,40

2018/21

Universidade de Vigo-Campus do Mar (profesor Gonzalo Méndez Martínez)

Transferencia e emprendemento mariño en Cabo Verde como estratexia de crecemento de emprego e desenvolvemento económico, social e ambiental. Emprender en azul.

104.164,50

84.264,50

33.705,80

-----

33.705,80

50.558,70

-----

50.558,70

TOTAL

644.409,18

568.996,50

216.473,60

11.125,00

227.598,60

328.612,90

12.785,00

341.397,90