Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2018 Páx. 47125

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 4 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica unha resolución ditada no procedemento BS618B competencia desta xefatura territorial (expediente 2018/09).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación da resolución ditada pola xefatura territorial no último domicilio da persoa interesada, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo ou ao seu representante, debidamente acreditado, para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), acuda ás dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, números 7 e 9, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido íntegro da dita resolución.

Transcorrido o prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado.

Advírteselle que contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso de reposición, ante esta xefatura territorial, no prazo dun mes computable desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, segundo o establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 4 de outubro de 2018

María Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS618B. Axuda para acollemento familiar.

Número do expediente

Apelidos e nome

DNI

Contido do acto

Data do
documento

2018/09

Castiñeira Méndez, José Ramón Bardullas Canosa, Mª Teresa

*****469Z

Resolución extinción

22.3.2018