Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2018 Páx. 47019

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2018 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 16 de maio de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se adxudican as axudas da Orde do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018.

A Orde do 31 de decembro de 2017 (DOG núm. 26, do 6 de febreiro) establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa predoutoral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain), en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

Mediante a Resolución do 16 de maio de 2018 (DOG núm. 101, do 29 de maio), modificada parcialmente pola Resolución do 3 de setembro de 2018 (DOG núm. 178, do 18 de setembro), concédense as axudas ás entidades que contraten as persoas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa predoutoral que se relacionan no seu anexo III.

No artigo 19 da orde de convocatoria indícase que, no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción do contrato laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain, segundo corresponda, e que en ambas as modalidades se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza antes do 31 de outubro de 2018. Tamén se indica que as renuncias só poderán ser cubertas coas solicitudes da listaxe de espera da modalidade e do órgano instrutor en que se produzan e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións e durante o tempo restante de aproveitamento da axuda.

No caso das axudas financiadas co FSE, deberán cumprirse as obrigas establecidas no artigo 20.3.b) da orde de convocatoria.

A competencia para adxudicar unha nova axuda procedente da lista de espera da Secretaría Xeral de Universidades corresponde á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de acordo co artigo 19 da Orde do 31 de decembro de 2017.

En consecuencia, atendendo ás renuncias recibidas na Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas polas universidades do SUG ás axudas de apoio á etapa predoutoral das modalidades A e B correspondentes ás persoas seleccionadas que se relacionan no anexo III.

Segundo. Adxudicar as axudas ás entidades e persoas candidatas das listaxes de espera das modalidades A e B que se relacionan no anexo IV.

Terceiro. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as universidades beneficiarias segundo as renuncias e as novas adxudicacións.

Modalidade A (universidades do SUG): 50 axudas.

Modalidade A

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2018

2019

2020

2021

Total

10.40.561B.444.0
FSE (2015 00436)

UDC

11

94.535,98

238.447,44

238.447,44

143.550,18

714.981,04

10.40.561B.444.0
FSE (2015 00436)

USC

25

196.237,43

541.926,00

541.926,00

332.441,49

1.612.530,92

10.40.561B.444.0
FSE (2015 00436)

UVIGO

14

140.057,76

303.478,56

303.478,56

177.029,16

924.044,04

Total FSE

430.831,17

1.083.852,00

1.083.852,00

653.020,83

3.251.556,00

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

UDC

11

19.602,87

65.052,56

31.052,56

11.354,02

127.062,01

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

USC

25

40.938,87

188.574,00

70.574,00

26.455,82

326.542,69

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

UVIGO

14

28.822,74

93.521,44

39.521,44

13.973,68

175.839,30

Total FP

89.364,48

347.148,00

141.148,00

51.783,52

629.444,00

Total modalidade A SUG

50

520.195,65

1.431.000,00

1.225.000,00

704.804,35

3.881.000,00

Modalidade B (universidades do SUG): 40 axudas.

Modalidade B

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2018

2019

2020

2021

Total

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

UDC

6

36.173,61

151.000,00

129.000,00

79.152,78

395.326,39

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

USC

24

224.597,21

604.000,00

516.000,00

312.112,51

1.656.709,72

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

UVIGO

10

75.681,94

233.000,00

215.000,00

127.213,89

650.895,83

Total modalidade B SUG 

40

336.452,76

988.000,00

860.000,00

518.479,18

2.702.931,94

Na modalidade A desta convocatoria o importe dos contratos das persoas seleccionadas nunha universidade do SUG, incluídos os seus custos sociais, estará cofinanciado parcialmente con fondos do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, nunha porcentaxe do 80 %, dentro do obxectivo temático 10 «Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e unha aprendizaxe permanente», prioridade de investimento 10.02 «A mellora da calidade, a eficacia e o acceso da educación superior e ciclos equivalentes co fin de mellorar a participación e o nivel de instrución, especialmente para persoas desfavorecidas», obxectivo específico 10.02.01 «Aumentar o número de alumnos de posgrao ou titulados universitarios que obteñen formación no ámbito da I+D+i, fomentando o desenvolvemento de actividades en rede con centros tecnolóxicos, de investigación e empresas, con énfase na participación de mulleres».

Cuarto. Actualizar a lista de espera de cada modalidade, que se inclúe como anexo V, para determinar posibles substitucións.

Quinto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

ANEXO I

Condicións xerais

Primeiro. Establecer as condicións xerais e particulares das subvencións que se especifican no anexo IV.

Segundo. Todas as solicitudes que figuran no anexo IV desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

Terceiro. Todas as entidades beneficiarias presentaron a declaración de teren capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para cumprir as condicións que se establecen na convocatoria.

Cuarto. Actualizar a lista de espera de cada modalidade, que se inclúe como anexo V, para determinar posibles substitucións.

Quinto. A data de comezo dos contratos será o 1 de novembro de 2018.

Sexto. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 15 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

ANEXO II

Condicións particulares

Primeiro. Para as universidades do SUG, na modalidade A desta convocatoria o importe dos contratos das persoas seleccionadas, incluídos os seus custos sociais, estará cofinanciado parcialmente con fondos FSE no programa operativo de Galicia 2014-2020, nunha porcentaxe do 80 %, dentro do obxectivo temático 10 «Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e unha aprendizaxe permanente», prioridade de investimento 10.02 «A mellora da calidade, a eficacia e o acceso da educación superior e ciclos equivalentes co fin de mellorar a participación e o nivel de instrución, especialmente para persoas desfavorecidas», obxectivo específico 10.02.01 «Aumentar o número de alumnos de posgrao ou titulados universitarios que obteñen formación no ámbito da I+D+i, fomentando o desenvolvemento de actividades en rede con centros tecnolóxicos, de investigación e empresas, con énfase na participación de mulleres».

Segundo. De acordo co modelo de custos simplificados vinculado a esta convocatoria, o Fondo Social Europeo financiará ata un máximo de 21.677,04 euros anuais do custo total de cada axuda da modalidade A.

Terceiro. As universidades do SUG beneficiarias da modalidade A están obrigadas ao cumprimento da normativa comunitaria aplicable a este fondo, en particular, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, así como no Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo, onde se establecen, entre outros, requisitos en materia de igualdade de oportunidades, ambiente e innovación social.

Cuarto. As universidades do SUG beneficiarias da modalidade A quedan obrigadas a asegurarse de que os gastos declarados son conformes coas normas aplicables, se é o caso, e que non existe dobre financiamento do gasto con outros réximes comunitarios ou nacionais, así como con outros períodos de programación do Fondo Social Europeo.

Quinto. Requírese a concreción do adecuado rexistro dos datos de seguimento e avaliación da actuación, tanto para a acreditación da realidade da actuación como para recoller datos completos dos participantes e entidades beneficiarias polas operacións precisas para dar cumprimento aos requisitos de subministración de información a través dos indicadores de execución e de produtividade (UE) nº 1304/2013 (anexo I, de especificacións de indicadores desta autorización), garantindo que se disporá de datos dos destinatarios últimos das actuacións no nivel de microdato, así como que se poderá realizar un adecuado seguimento do cumprimento dos indicadores de resultados recollidos no anexo I do Regulamento (UE) nº 1304/2013.

Sexto. Infórmase a persoa ou entidade beneficiaria de que a aceptación da subvención comunitaria implicará a súa aparición na lista pública de operacións cos nomes dos beneficiarios ou das beneficiarias, no suposto de seren entidades xurídicas, así como a outra información recollida no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, que será obxecto de publicación electrónica ou por outros medios segundo o previsto no artigo 115.2 da mesma norma xurídica.

Sétimo. No caso das axudas da modalidade A cofinanciadas polo FSE, coa primeira xustificación deberase achegar información dos indicadores de execución e de produtividade sobre as entidades e os participantes a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo. Do mesmo xeito, coa última xustificación as universidades beneficiarias deberán presentar os indicadores de resultado inmediatos a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro, relativo ao Fondo Social Europeo. A Administración poderá requirir a actualización destes datos no prazo de seis meses desde a última xustificación, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.

Oitavo. Obriga a manter un sistema de contabilidade diferenciado para todos os ingresos relacionados coas operacións.

Noveno. Require acreditar ante a autoridade de xestión ou, se é o caso, o organismo intermedio a realización da actividade e facilitar as comprobacións encamiñadas a garantir a correcta realización do proxecto ou acción obxecto da axuda, e achegarán para o efecto canta documentación lle fose requirida no seu procedemento de verificación, tanto administrativa como sobre o terreo, un conxunto representativo das actuacións e operacións que se están levando a cabo.

Décimo. Comporta, así mesmo, someterse a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que realice a unidade administradora do Fondo Social Europeo, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou das súas intervencións delegadas, o Consello de Contas de Galicia, os órganos de control da Comisión Europea ou o Tribunal de Contas Europeo, de acordo co establecido na normativa aplicable á xestión das axudas cofinanciadas con fondos comunitarios, e para iso achegarán canta información lle sexa requirida.

Décimo primeiro. Conforme o artigo 140 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, comporta conservar e custodiar a documentación xustificativa dos gastos durante un prazo de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación.

Décimo segundo. Comporta a obriga de colaborar co organismo intermedio na elaboración dos informes de execución anual e final correspondentes.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2018

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANEXO III

Renuncias ás axudas concedidas

Modalidade A SUG.

Nº de expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona

Data de renuncia

ED481A-2018/147

UDC

Montes

Montes

Rebeca

*****268T

3

Non asinou contrato

ED481A-2018/270

UDC

Freire

Castro

Borja

*****904X

1

12.9.2018

ED481A-2018/180

USC

Gallego

Fontenla

Víctor José

*****878L

2

19.9.2018

ED481A-2018/302

UVIGO

Bea

Mascato

Brais

*****193E

2

23.9.2018

ED481A-2018/328

UVIGO

Mariño

López

Andrea

*****050C

2

23.9.2018

ED481A-2018/210

UDC

Romero

Montero

Alejandro

*****341S

2

27.9.2018

Modalidade B SUG.

Nº de expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona

Data de renuncia

ED481A-2018/129

USC

Gorgal

Romarís

Alejandro

*****224G

3

Non asinou contrato

ED481A-2018/066

USC

Uzal

Couselo

José Manuel

*****522M

3

11.6.2018

ED481A-2018/009

USC

Gutiérrez

Roca

Xoel

*****930P

-

10.8.2018

ED481A-2018/083

USC

Mosquera

Lois

David

*****955C

2

31.8.2018

ED481A-2018/187

USC

Vázquez

García

Tania

*****218A

1

12.9.2018

ED481A-2018/133

USC

Castro

Isdahl-Troye

Mariana Aimé

*****894R

3

19.9.2018

ED481A-2018/071

USC

García

Santos

Álvaro

*****564M

3

19.9.2018

ED481A-2018/141

USC

Mo

Groba

Diego

*****479G

2

19.9.2018

ED481A-2018/037

USC

Quiroga

Carrillo

Anaïs

*****480W

3

19.9.2018

ED481A-2018/049

USC

Rodríguez

Caramés

Santiago

*****766X

2

19.9.2018

ED481A-2018/125

USC

Terceiro

Sanmartín

Nerea

*****963B

2

19.9.2018

ED481A-2018/254

UVIGO

Monteagudo

Alonso

Antía

*****903Z

2

23.9.2018

ANEXO IV

Axudas das listas de espera concedidas

Modalidade A SUG.

Nº de expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona

Puntuación

ED481A-2018/073

USC

Farto

Vaamonde

Xián

*****851Z

2

8,1143

ED481A-2018/023

USC

Muñiz

Mouro

Abel

*****237S

3

8,1113

ED481A-2018/036

USC

Hermida

Nogueira

Lidia

*****005G

2

8,0225

ED481A-2018/178

UDC

Cid

Bengoa

Clara

*****729S

2

7,9981

ED481A-2018/314

UDC

Uzal

Varela

Rocío

*****619R

-

7,9747

ED481A-2018/154

USC

Lado

Baleato

Óscar

*****322L

2

7,9231

Modalidade B SUG.

Nº de expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona

Puntuación

ED481A-2018/262

UVIGO

Veiga

Pérez

Celia

*****869K

-

8,3202

ED481A-2018/025

USC

Lestido

Cardama

Antía

*****700G

2

8,3141

ED481A-2018/216

USC

Hernández

Núñez

Ismael

*****824A

2

8,3032

ED481A-2018/070

UDC

Rojo

Mejuto

Natalia

*****431F

3

8,2820

ED481A-2018/264

USC

Freijeiro

González

Laura

*****586J

2

8,2639

ED481A-2018/151

USC

López

Becoña

Miguel

*****730Y

2

8,2429

ED481A-2018/250

UVIGO

Malvido

Cordeiro

Sofía

*****296P

2

8,2166

ED481A-2018/031

USC

Giunchi

 

Eleonora

*****377J

3

8,1629

ED481A-2018/058

USC

Sanmartín

Feijóo

Sandra

*****979A

2

8,1439

ED481A-2018/242

UVIGO

García

Méndez

Silvia

*****466N

2

8,1173

ED481A-2018/068

USC

Pichel

Mira

Rafael

*****099L

2

8,1153

ED481A-2018/052

UDC

Mihai

 

Iuliana

*****728H

2

8,0923

ANEXO V

Listas de espera

Modalidade A SUG.

Nº de expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Puntuación

ED481A-2018/298

UVIGO

Vázquez

Arias

Alba

*****212H

-

7,9093

ED481A-2018/056

USC

Vivero

López

María

*****964Z

1

7,8596

ED481A-2018/134

USC

Pose

Boirazian

Tomás

*****905Z

3

7,8483

ED481A-2018/069

USC

Alonso

Rego

Cecilia

*****53M

1

7,8325

ED481A-2018/011

USC

Ameneiro

Quiñoy

Cristina

*****538W

2

7,8094

ED481A-2018/117

UDC

Concheiro

Moscoso

Patricia

*****095Y

3

7,7997

ED481A-2018/251

UDC

Arslan

 

Kubra

*****996V

2

7,7815

ED481A-2018/177

USC

Sanjurjo

Durán

Emilio

*****114Z

2

7,7677

ED481A-2018/232

UVIGO

Morandeira

Conde

Lois

*****087B

2

7,7622

ED481A-2018/318

UDC

Martín

Prieto

Rodrigo

*****010H

2

7,7249

ED481A-2018/109

USC

Tubío

Fungueiriño

María

*****416H

1

7,7221

ED481A-2018/301

UVIGO

Araújo

Branco

Catarina Isabel

*****183J

2

7,7129

ED481A-2018/006

USC

Riádigos

Sánchez

Irma

*****835F

2

7,6992

ED481A-2018/295

UVIGO

García

Rodríguez

Michael

*****274R

3

7,6914

ED481A-2018/335

UVIGO

Herrera

Pérez

Salvador

*****260F

2

7,6493

ED481A-2018/290

UVIGO

Salvador

Gimeno

Coral

*****184Y

3

7,6487

ED481A-2018/286

UVIGO

González

de Santos

Luis Miguel

*****435B

2

7,6469

ED481A-2018/062

USC

Mallo

Abreu

Ana

*****999Y

2

7,6461

ED481A-2018/088

USC

López

Iglesias

Clara

*****470B

2

7,6302

Modalidade B SUG.

Nº de expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Puntuación

ED481A-2018/067

USC

Fernández

Rodríguez

Alba

*****515H

-

8,0657

ED481A-2018/016

USC

Castro

Táboas

Iago

*****640M

2

8,0406

ED481A-2018/107

UDC

Barsaglini

Castro

Anabella Soledad

*****495T

2

8,0207

ED481A-2018/234

UVIGO

Cabarcos

Rey

Adrián

*****250X

-

8,0097

ED481A-2018/085

USC

Barroso

Hurtado

María

*****131X

3

8,0036

ED481A-2018/098

USC

Fernández

Pérez

Iago

*****705W

3

7,9568

ED481A-2018/106

USC

Rodríguez

Alonso

Guillermo

*****445R

-

7,8904

ED481A-2018/081

USC

López

Fernández

Tamara

*****369P

1

7,8172