Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2018 Páx. 47223

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de resolución (PO 9/2018).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 9/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mercedes Sobral Amoedo contra a empresa Clece, S.A., Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servicios, S.L., Acciona Facility Services, S.A., Fondo de Garantía Salarial, Ferroser Servicios Auxiliares, S.A., Maconsi, S.L., sobre ordinario, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Parte dispositiva

Acordo: apróbase a conciliación alcanzada entre as partes nos termos expresados.

Arquívense as actuacións.

Notifíquese a presente resolución, facendo saber ás partes que a acción para impugnar a validez da conciliación se exercerá ante este mesmo órgano, polos trámites e cos recursos establecidos na LXS. A acción caducará aos trinta días da data da súa celebración. Para os terceiros prexudicados o prazo contarase desde que puideron coñecer o acordo. As partes poderán exercer a acción de nulidade polas causas que invalidan os contratos e a impugnación dos posibles terceiros prexudicados poderase fundamentar en ilegalidade ou lesividade. Notifíquese a presente resolución facendo saber ás partes que a acción para impugnar a validez da conciliación se exercerá ante este mesmo órgano, polos trámites e cos recursos establecidos na LXS. A acción caducará aos trinta días da data da súa celebración. Para os terceiros prexudicados o prazo contarase desde que puideron coñecer o acordo. As partes poderán exercer a acción de nulidade polas causas que invalidan os contratos e a impugnación polos posibles terceiros prexudicados poderá fundamentarse en ilegalidade ou lesividade.

Notifíquese a presente resolución facendo saber ás partes que a acción para impugnar a validez da conciliación se exercerá ante este mesmo órgano, polos trámites e cos recursos establecidos na LXS. A acción caducará aos trinta días da data da súa celebración. Para os terceiros prexudicados o prazo contarase desde que puideron coñecer o acordo. As partes poderán exercer a acción de nulidade polas causas que invalidan os contratos e a impugnación dos posibles terceiros prexudicados poderase fundamentar en ilegalidade ou lesividade.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Maconsi, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 4 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza