Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2018 Páx. 47221

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 307/2017).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 307/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia María del Carmen Fuentes Villaverde contra Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L, Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, S.L, Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L, administrador concursal Costura Invisible, S.L., administrador concursal de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., administradora concursal de Confecciones Ideal, S.L., administrador concursal Confecciones Fraga, S.L., administrador concursal Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, SL, Nuevo Siglo Textiles, S.L., Fogasa e Perseo Textil, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda que, en materia de resolución de contrato, e despedimento, foron interpostas por María del Carmen Fuentes Villaverde, contra as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga S.L., Costura Invisible S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L., e Nuevo Siglo Textiles S.L., así como a administración concursal de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., e Costura Invisible, S.L., a administración concursal de Plataforma Costurera, S.L., e administración concursal de Confecciones Fraga, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento do que foi obxecto o 3 de abril de 2017, e ademais, extinguida a relación laboral que vinculaba a María del Carmen Fuentes Villaverde, coa entidade Shivshi, S.L., no día de hoxe (26 de outubro de 2017), condenando solidariamente as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L., e Nuevo Siglo Textiles S.L., ao aboamento dunha indemnización a razón de 12.971,04 €, e salarios de tramitación percibidos entre o 4 de abril e o 26 de outubro de 2017, a razón de 35,44 € día, o que supón a cantidade de 7.300,64 € brutos.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade, que foi interposta por María del Carmen Fuentes Villaverde, contra as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L., e Nuevo Siglo Textiles S.L., así como a administración concursal de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus S.L., e Costura Invisible, S.L., a administración concursal de Plataforma Costurera, S.L., e administración concursal de Confecciones Fraga, S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente ás entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga S.L., Costura Invisible S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L., e Nuevo Siglo Textiles S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 4.815,37 € líquidos, por salarios percibidos en febreiro, decembro e paga extra de 2.016, e xaneiro, e febreiro de 2017, e liquidación, así como o xuro do 10% por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de resolución de contrato, despedimento e cantidades que foi interposta María del Carmen Fuentes Villaverde, fronte ás entidades Gaviota Téxtil XXI, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI S.L., e Confecciones Ideal, S.L., así como a administración concursal de Confección Ideal, S.L., ás que debo absolver das pretensións formuladas na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L.. Área Inversora y Financiera del Atlántico, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 4 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza